mércores. 07.05.2025
El tiempo

Lariño prepara unhas Festas do San Martiño de troula e teatro

Lariño prepara unhas Festas do San Martiño de troula e teatro
Festas de San Martino de Larino 2013

Non para a Lariño. Se a semana pasada disfrutaban co seu I Cross, este comezo de novembro chega en clave de San Martiño.

I é que chegan as Festas do San Martiño de Lariño, con ata 5 días de troula continua. Arrincan o venres 8 de novembro cunha verbena de recordar:Cinema, Panorama e Océano, ai é nada. Para o sábado 9 haberá festa infantil dende ás 16:00h, unha tarde de música e teatro, no marco da xornada Vai por vós, na que se representará a secuencia final de "Noite de Lobos" representada por veciños de Esteiro, Caldebarcos e Lariño.

Matasueiro Teatro en Larino

O domingo, 10 de novembro, ás 6 do serán, Matasueiro Teatro representará no Centro cívico veciñal Xosé de Torea a obra "A Corda de Esparto".

Non rematan aí as actividades. O luns 11 de novembro amencerá cas "Jaitas Blues", e unha misa cantada pola Coral Polifónica de Carnota. O martes máis gaitas matutinas e a misa na honra de San Martiño.

Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).

Comentarios