Luns. 06.05.2024
El tiempo

Lariño fixo disfrutar a pequenos e maiores do seu I Cross

Lariño fixo disfrutar a pequenos e maiores do seu I Cross
Os pequenos disfrutaron co I Cross de Larino Artellou a AVV Insua este I Cross de Lariño, que resultou ser todo un éxito de participación. Ducias de pequenos de todas as categorías e case un centenar de adultos disfrutaron dun percorrido fermoso e co seu punto de dureza. Pero gustou e moito, e os foros xa falan da boa organización e que volverán para o ano que vén. Cómpre lembrar que nos adultos eran 10.5 km, quedando campión Antón Ruanova, por diante de Baltasar Figueiras e Javier Siso. En categoría feminina as primeiras foron Purificación Fernández, Marinela Mayo e Belén Pérez. Numerosos participantes no Cross de Larino na proba de adultos

O Olimpia estraba campaña en Lariño

A familia Olimpia no I Cross de Larino O Club Asociación Deportiva Olimpia estivo presente en cinco das sete probas por categorías do I Cross de Lariño, acadando a vitoria en tres delas: Minerva Antía Lago campiona benxamín, Erica Domínguez campiona infantil e Francisco Javier Rodríguez campión infantil; tres segundos postos: Laura Louro na categoría prebenxamín, Xiana Lago na Benxamín e Lucía Suárez na Alevín; e os terceiros postos de Marta Lavandeira na categoría Alevín e Belén Álvarez na sénior. Elian Numa tivo que retirarse cando ocupaba as primeiras posicións tras unha escordadura de nocello. Tamén contamos coa participación de varios dos nosos séniors, con Kiko Lago como atletas máis destacado. Esta foi a primeira proba deste curso que comezamos o 1 de outubro, curso no que queren seguir crecendo e consolidar a Escola de Atletismo, na que actualmente xa contan con máis de 40 atletas de entre 6 e 17 anos e con 15 séniors, a través dos que formarán parte nas competicións do Plan Xogade a nivel escolar, nas probas Federadas e nas probas Populares. Ademais contan coa renovación do Patrocinio coa Estación de Servizos Bazarra, así como o xa firmado con Ferrotlántica. "Entre todos, asegura Jorge Lariño o seu responsable", faremos atletismo na comarca".

Máis información

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios