Mércores. 24.04.2024
El tiempo

As leas veciñais invaden unha rúa de Lira

as balizas dos marcos de Lira
A Policía Local viuse obrigada a instalar 3 bolardos na estrada para mellorar a seguridade dos peóns
As leas veciñais invaden unha rúa de Lira

As loitas arredor do eterno “non me movas os marcos” entre a veciñanza teñen moitas aristas. En Lira chegan a afectar á vía pública, nunha desas entre veciñas que se complican a vida con problemas e acusacións.

Tras moitos anos de problemas de lindes, este verán a cousa foise de mans, involucrando a Policía Local e Concello, ademais de provocar certa inquedanza entre a veciñanza do lugar, e unha situación para camiñantes e vehículos que van cara o porto liracho.

Unha das casas afectadas ten un pequeno súper, polo que os camións de carga e descarga levan tempo aparcando diante, ocupando a beirarrúa, impedindo o paso dos viandantes pero ademais moitas veces impedindo que a veciña do lado, a outra implicada, neses momentos non poida entrar nin saír da casa.

Este verán, de feito, houbo algunha incidencia con algunha familia que levaba un carrito de bebé, e que tendo que saír á estrada para poder pasar levou un bo susto polos coches que pasaban en dirección contraria.

Ante esta situación a veciña afectada polos camións decidiu pola súa conta pintar de amarelo unha liña na estrada pública diante da súa porta, ao que a Policía Local reaccinou de inmediato pedíndolle que a pintase doutro cor. De contado, a veciña pinta a liña de cor gris.

Dada a circunstancia, a Policía Local, tras negociar unha e outra vez coas dúas partes, decide instalar 3 bolardos, 3 balizas vermellas (ocupando 6 metros), para impedir que os camións suban á beirarrúa, permitindo así o paso dos viandantes, e permitindo que a familia poida saír aínda que estea o camión de carga e descarga. Así, consciente da circunstancia, a Policía Local permitirá a descarga durante o menor tempo posible dos camións do súper na vía pública, obrigando, iso si, aos vehículos, a invadir o carril contrario para pasar.

Dende o Concello e a Policía Local esperan que a cousa quede aí, nesta “cousa pouco importante”, pero as veciñas seguen ameazando con escritos e denuncias, estirando unha das problemáticas máis típicas dos nosos lugares.

Comentarios