Sábado. 20.04.2024
El tiempo

Lira ten Cita en Fisterra con Xerais

Lira ten Cita en Fisterra con Xerais
Libro Cita en Fisterra de Luis Rei Núñez

Este venres 13 de abril, a Editorial Galaxia achégase a Lira da man da Asociación Cultural Canle, para presentar o libro de Luís Rei Núñez, "Cita en Fisterra". O acto, no que participarán Luís Rei Núñez, Manuel Bragado e o músico Xabier Díaz, terá lugar ás 20,00 horas, no Local da Confraría de Lira no Portocubelo en Lira.

Cita en Fisterra é unha viaxe a unha terra mítica que o protagonista quere despoxada de calquera clase de verniz espiritual. Unha viaxe que será tamén a do lector.

O viaxeiro destas páxinas é deses tipos pouco dados a conxugar en primeira persoa heroísmos e bravuras. No canto das xeografías da anaconda, o tigre ou as moscas tse-tse prefire a máis modesta, é un dicir, da centola. Así emprende a viaxe a unha terra mítica, que el quere despoxada de calquera clase de verniz espiritual: non se trata dun Xacobeo bis. Mais non por iso deixa fóra da mochila as preocupacións dunha alma que, ante as paisaxes do Atlántico, combina un agarimo infinito cun sentido crítico encirrado polas desfeitas do feísmo.
Con todo, o que á fin prevalece é a proximidade á xente, a curiosidade polo lendario e un cultivo case obsesivo da memoria (colectiva e individual), ademais da ambición, nunca menor, de dar unha imaxe do tempo que vai pasando. Deste xeito trázase o rumbo dunha viaxe que será tamén a de cada lector. Con cita en Fisterra.

Luís Rei Núñez (A Coruña, 1958) é xornalista de profesión e autor dos poemarios A rolda invisible (1998) e Alma mareira (2003), da biografía de Rafael Dieste A travesía dun século (1987) e do volume ensaístico Poetas Andantes Navegantes (1995). Xerais publica a súa obra narrativa, que inclúe os títulos Expediente Artieda (Premio Xerais de novela, 2000), A estrela dos polisóns (2003), Toda a vida (2005), O señor Lugrís e a negra sombra (2007, Premio da Crítica Española e Premio da Federación de Libreiros de Galicia ao mellor libro do ano), Monte Louro (2009, Premio Blanco Amor de novela longa e Premio Fervenzas Literarias á mellor novela do ano) e Cita en Fisterra (2011).

Máis información

Novas relacionadas

Fonte

  • Xerais Galicia.

Comentarios