Luns. 14.10.2024
El tiempo

Localizan "san e salvo" un neno que desapareceu durante horas na praia de Carnota

Localizan "san e salvo" un neno que desapareceu durante horas na praia de Carnota
praia-carnota O neno andivo uns cinco quilómetros Despois de case dúas horas de búsqueda, uns bañistas atoparon "san e salvo" a un neno de cinco anos que desapareceu esta tarde na praia de Carnota. No momento no que o localizaron, o neno estaba a uns cinco quilómetros do punto no que desfrutaba dun día de praia xunto coa súa familia. Sobre as 17:00 horas, os servizos de emerxencias recibiron a sinal de alerta de que o neno se extraviara se ben a súa familia e varios bañistas levaban un bo anaco buscándoo. A nova correu como a pólvora na zona polo que foron moitos os bañistas os que sumaron ao operativo de búsqueda no que participaron membros do GES de Muros e da Policía Local. Sobre as 18:00 horas conseguiron localizar ao neno que se atopaba en bo estado despois de andar desorientado uns cinco quilómetros. O neno, que ao parecer é da zona de Santiago de Compostela, estaba coa súa familia desfrutando do día de praia. Traslados en helicópero Por outra parte, o GES de Muros informa na súa páxina de Facebook que no día de hoxe recibiron en tres ocasións diferentes a visita do H3, o helicóptero do 061, que tivo que trasladar a tres persoas despois de sufrir un infarto. Unha delas non chegou a facer uso do helicóptero, xa que a desprazaron en ambulancia dende o PAC de Muros ata o Complexo Hospitalario Universitario de Santiago - CHUS -. Fonte

Comentarios