Lumieira lembrou aos mártires de Carballo
14:21 29/09/21
Este pasado martes, a A.C. Lumieira realizou unha sentida e sinxela homenaxe a Francisco Miguel Fernández Moratinos, pintor asasinado en Bértoa o 28 de Setembro de 1936, hai agora 85 anos.
Léronse algunhas pasaxes de "Crónicas de Carballo I" de Xan Fraga Rodríguez, e editado pola propia entidade lembrando que “Carballo non esquece aos seus mártires!”.