Xoves. 28.03.2024
El tiempo

Máis de 140 alumnos empezan o Curso na ESMU de Carnota

Máis de 140 alumnos empezan o Curso na ESMU de Carnota
Mestres da Escola de Musica de Carnota Mestres da Escola de Música de Carnota Horarios da Escola de Musica de Carnota 16-17

Este mércores 28 de setembro terá lugar a reunión de pais/nais e alumnos/as da Escola de Música Municipal de Carnota (ESMU) que será o pistoletazo de saída para o presente curso 2016/2017. Será ás 19:30 h no salón de actos do Concello, mentres que as clases arrincarán o vindeiro 3 de outubro no Pindo.

E este será un ano de marcas para este referente cultural da comarca, pois este curso recupérase o número de alumnado que se perdera cando o edificio se trasladara ao Pindo. Daquela, polo ano 2011 pasouse de ter uns 130 alumnos matriculados aos 100, e dende esa, o obxectivo dos mestres foi volver a superar a barreira dos 130, e agora, no 2016 conseguírono, e con creces, xa que hai 141 inscritos a día de hoxe.

O elenco de mestres segue a ser de cinco:

  • Castor Montes Quintillán: área de guitarra (clásica, jazz, rock, pop, blues, etc) e combos.
  • Carlos González Giráldez: área de batería (rock, pop, jazz, etc) e combos.
  • Moncho Domínguez Calvo: área de tradicional (gaita, pandeireta, acordeón, tamboril) e coral polifónica de adultos.
  • Pilar García Mosteiro: área de Linguaxe Musical, canto, orquestra Orff, coro infantil e área de vento madeira (saxofón, clarinete, frauta, etc).
  • Alianza Uhía Patiño: área de piano e dirección.

Calendario

Deste xeito, cadrar horarios foi unha loucura xa que o horario é unicamente de tardes. En todo, conseguiron definir xa calendario lectivo, respetando vacacións dos centros educativos, días non lectivos e festivos, quedando así:

Horarios da Escola de Musica de Carnota 16-17

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios