venres. 02.05.2025
El tiempo

Xabier Díaz abriu o telón das Letras Galegas en Carballo

Xabier Diaz en Carballo
Xabier Diaz en Carballo
Xabier Díaz abriu o telón das Letras Galegas en Carballo

Arrincou o completísimo programa das Letras Galegas de Carballo, para homenaxear a poesía popular oral e na música tradicional. Fíxoo este mércores coa presentación do libro de Xabier Díaz “Cancioneiro Galego Serodio (1989-2012)”. O salón de actos do Pazo da Cultura encheuse para escoitar un dos nomes propios da música de raíz galega, que recolle a transcrición dos textos líricos das case cincocentas entrevistas que foi realizando ao longo de trinta anos de camiño, adornándoos de anécdotas, sorpresas e fantásticas historias das propias informantes, protagonistas tamén das fotos, e dunha morea de audios orixinais das compilacións, que redimensionan o concepto de cancioneiro.

Xabier Diaz en Carballo 2

Espallando e colleitando

Este ano o Programa das Letras tamén conta cunha especial vontade didáctica coa arela de difundir o máximo posible a nosa tradición oral en todos os recunchos do municipio. Por ese motivo, os centros de maiores tamén poderán desfrutar da súa cita, neste caso o venres 2 de maiocunha foliada a cargo do Coro Aires de Bergantiños. Visitarán a Residencia Domus VI (Pedra Furada) e a Residencia de Maiores de Carballo (Praza de Vigo). Será ás 17.00 e 18.00 horas, respectivamente. A entrada é libre ata completar o aforo.

O mesmo venres, terá lugar a proxección do documental “Lévame a idea”. A cita, ás 20.00 horas no Pazo da Cultura de Carballo, contará coa presenza das directoras Vanesa Siso, Laura Varela e Iria Villares, coas que haberá un coloquio ao rematar. A entrada é libre ata completar o aforo.

Sábado de encontro asociativo

A cita do sábado será de encontro para todas as asociacións como contamos aquí:

O concerto do Consello da Cultura Galega

consello_cultura_galega en Carballo

Carballo acollerá ademais a 15ª edición do Concerto das Letras Galegas do Consello da Cultura Galega (CCG). A presidenta do CCG, Rosario Álvarez, xunto co alcalde da localidade, Evencio Ferrero, presentaron en rolda de prensa o programa desta cita, que fai un percorrido pola xeografía galega a través das melodías tradicionais cunha posta en escena contemporánea.

Entre as novidades desta edición destaca que o concerto estará a cargo de Do Bertau, unha formación coordinada polo músico Richi Casás, creada expresamente para esta ocasión e integrada por 11 artistas de distintos eidos musicais. O concerto, de entrada libre e gratuíta, terá lugar no Pazo da Cultura de Carballo o 16 de maio (20:30 horas) e poderá seguirse en directo desde o web do CCG e o Día das Letras Galegas na G2.

Máis novas

Comentarios