Domingo. 28.04.2024
El tiempo

Manel Cráneo e Brais Fierro mantiveron un duelo creativo coa rapazada de Louro e Carnota

Manel Craneo e Brais Fierro en Carnota 2
Manel Cráneo e Brais Fierro mantiveron un duelo creativo coa rapazada de Louro e Carnota

Esta pasada mañá de xoves, Manel Cráneo, ilustrador e editor de Demo Editorial e Brais Fierro, achegáronse aos centros CEIP de Louro e IES Lamas de Castelo, de Carnota, para debullar como é o proceso creativo que hai detrás dunha Banda Deseñada.

Falaron en particular dos procesos de documentación histórica e da creación e deseño das personaxes do cómic “Roxin Roxal: A daga do conde”, obra que ademais acaba de levar o premio Follas Novas á mellor BD 2022.

A rapazada aprendeu moito sobre os Andrade, o seu animal protector, o xabarín, e sobre lendas e historias de cabaleiros, honor e valor a carón da Ponte do Porco. A rapazada tamén poido aprender a debuxar a Roxín Roxal, en duelo creativo con algún dos nosos alumnos.

Manel Craneo e Brais Fierro en Carnota
Na Biblioteca do IES Lamas de Castelo de Carnota
Manel Craneo e Brais Fierro en Carnota 4
Na Libraría Chorima

Pola tarde, aproveitando o soliño, os dous autores (guionista e ilustrador) tiveron unha sesión de sinatura de exemplares por conta da Librería Chorima, na que mantiveron agradable conversa coa asistencia.

NOVAS RELACIONADAS

Comentarios