Carnota, a primeira en coñecer a BD da Torre dos Mouros
Como manda a filosofía do Proxecto Torre dos Mouros, na que a arqueoloxía está ás ordes da poboación local e non das grandes élites científicas, Carnota foi a escollida para a presentación da Banda Deseñada (ou cómic) feito por Manel Cráneo, así como un balanzo dos primeiros resultados da intervención arqueolóxica durante o verán.
E ademais os primeiros en telo entre as súas mans foron os alumnos do instituto de Lamas de Castelo, que levaron un exemplar cada un, e xa puideron descubrir, dun xeito moi visual e divertido, as hipóteses do equipo de traballo sobre a funcionalidade e cronoloxía da Torre dos Mouros á luz da primeira campaña de intervención no xacemento recinto amurallado. Un equipo de voluntarios que veñen de cambiar a forma de facer arqueoloxía no país, e non cansamos de repetilo.
Pola tarde a presentación oficial, a primeira de moitas, tivo lugar no Salón de Actos do Concello de Carnota, coa presentacia do concelleiro de Cultura, Iván Franco, o alcalde Ramón Noceda, que acompañaron a Antón Malde, director da intervención e Manel Cráneo.
A interacción entre investigadores, debuxantes e poboación local foi un dos temas principais da presentación. De feito, os presentes ligaron a unión do pobo da Torre dos Mouros hai máis de 1.000 anos (aínda está por descifrar a época exacta) para levantar esta única fortaleza, coa poboación carnotá de hoxendía, recuperando a base de traballo voluntario, a historia agochada da Torre dos Mouros.
E boa alegría levaron os promotores cando percorrendo os bares de Carnota a golpe de sábado pola noite atopaban estampas coma esta, deixando clara a forte incidencia do proxecto na zona.
Máis presentacións polo país
As presentacións faranse tamén en Santiago (na Biblioteca Ánxel Casal o xoves 13 de decembro ás 20:00h) e mais en A Coruña (no Pub Dublín ás 20:00h seguindo co formato Barferencias).
Máis información
- torredosmouros.net.
- Facebook: Proxecto Torre dos Mouros.
- Twitter @TorredosMouros.
- Youtube da Torre dos Mouros.
Novas relacionadas
- A Torre dos Mouros xa ten o seu cómic.
- Primeira etapa da Torre dos Mouros, un proxecto do pobo.
- Os nenos tamén aprenden arqueoloxía cos contos da Torre dos Mouros.
- A #TorredosMouros cambia a forma de facer arqueoloxía.
- Monte Pindo: con vida dende a época romana.
- A arqueoloxía toma os bares en Carnota.
- Gago, Ayán e Malde presentan o proxecto da Torre dos Mouros: cambiando a historia de Galicia.
- Os voluntarios recuperarán a Torre dos Mouros.
- A Torre dos Mouros, un novo tesouro arqueolóxico para catalogar en Carnota.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta).
- Capítulo 0.