Marina Gómez Pose protagoniza a nova presentación no Tinglado
07:44 28/11/24
Xa o presentou na súa casa, en Corcubión, cunha espectacular acollida. Este sábado 30 de novembro, á 18:30h a autora Marina Gómez Pose visita o Tinglado de Carnota para presentar “A Muller dos ollos mouros e intensos”.
A corcubionesa estará acompañada de Fernando Castro Paredes, o mestre e premiado autor, compañeiros de andainas nos grupos de teatro Tuéjele e Farándula Velutina.
O evento, artellado conxuntamente coa Libraría Chorima, permitirá vivir outra experiencia singular neste espazo gastro-cultural, como o vivido coa presentación do libro de Héctor Pose: