Venres. 29.03.2024
El tiempo

Monte e mar mestúranse para recuperar a historia do Pindo

Monte e mar mestúranse para recuperar a historia do Pindo

Estes bravos do Pindo non paran. Xa os vimos rastrillo na man limpando as praias, e hoxe repasamos as dúas propostas que prantexan para este verán: VII Xornadas de Pesca do Pindo Mariño e o IV Encontro Monte Pindo.
Dúas propostas que demostran que o mar e a terra combínanse á perfección nesta vila carnotá. A primeira, a pesqueira, desenvolverase os 29 e 30 de xuño e mais o 1 de xullo; mentres que a sesión terrestre será os 13, 14 e 15 de xullo.

Ademais este ano vai en clave de recordos. De feito as Xornadas de Pesca, organizadas pola Confraria de Pescadores de O Pindo, levan como lema "Un mar de recordos", xa que estaran adicadas a recordar o Prestige neste o seu 10º aniversario, ademais de que é tamén o 80º aniversario desta Confraria.
Pola súa banda IV Encontro Monte Pindo, organizadas pola ACDR Pedramar, tamén terá o seu lado histórico cun par de charlas de arqueólogos e, sobre todo, a recuperación da historia dos agochados do franquismo coa presentación dun libro e a proxección dunha documental.

Pero ademais, a gastronomía tamén unirá ambas propostas. Aquí si que o mar será o protagonista, e as degustacións tanto nunha como noutra sesión.

Ollo, que hai moitas máis cousas: sendeirismo, música, ruta marítima, actividades para nenos... Todo na pequena, e activa, vila do Pindo.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios