Sábado. 20.04.2024
El tiempo

Os veciños do Pindo fan de voluntarios e tamén limpan a praia

Os veciños do Pindo fan de voluntarios e tamén limpan a praia

Ás veces é mellor non esperar e saír á rúa. Así o pensaron os veciños da ACDR Pedramar, que colleron os rastrillos, as palas e os recolledores, e a limpar a praia e o paseo marítimo.

Unha completa xornada de voluntariado, i é que parece que xa non hai traballo, que agora todo temos que facer de balde. O caso é que ao máis puro estilo Limpeza Simultánea de Praias, que se celebra hoxe, Día Mundial dos Océanos, e na que participan 5 centros educativos da zona, os veciños da vila carnotá deixaron a praia preparada para que, cando chegue o sol, non hai impedimento que faga que turistas e veciños teñan queixa.

Ademais de limpar plásticos, madeiros, malas herbas... da praia, tiveron arroutos para reparar, gato en man, parte do paseo de madeira e varias papeleiras... Aí está o compromiso duns veciños con forza e vontade por coidar o seu.

Vindeira cita

E non será a última vez que limpen. A próxima xornada de voluntariado xa está convocada para o sábado 16 de xuño de 9.30h a 12.30h. Non tes máis que aparecer pola capela do Pindo a esa hora para participar.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios