Xoves. 28.03.2024
El tiempo

Monte Pindo ou Monte do Pindo?

Monte Pindo ou Monte do Pindo?
Monte Pindo nunha foto de Leo Moreira Monte Pindo nunha foto de Leo Moreira Estas semanas, lendo os artigos sobre a toponimia do Olimpo Celta do gran Modesto García Quintáns, xurdiunos unha dúbida que queremos intentar analizar. Ben é certo que en QPC levamos anos falando do “Monte Pindo”, pero o propio Modesto, sen ánimo de polemizar, senón todo o contrario, de debater, considera que sería bo clarexalo para decidir un nome oficial de cara a futuros usuarios.

”Monte do Pindo”

Notas de Barreiro Barral sobre o Monte de el Pindo Notas de Barreiro Barral sobre o "Monte de el Pindo" Por exemplo, para el, segundo rixe o Decreto 189/2003 da Xunta, o nome do lugar de “O Pindo” dase co artigo “O”, e de aí podería provocar que accidente xeográfico que o rodea se chamase “Monte do Pindo”. Así o sinala el nos seus artigos sobre o patrimonio pindexo, sinalando que hai documentos, obras literarias ou mapas oficiais que o corroboran. A dúbida ten chegado mesmo á Real Academia Galega, que nun dos seus Seminarios de Onomástica afrontou o asunto da vacilación do nome do mítico monte costeiro. De feito, Modesto baséase na resposta que lle deu no seu día Vicente Feijoo, que supón que o nome do monte se debe a existencia da entidade de poboación situada ao seu pé, O Pindo, de aí que a forma esperable debería ser “Monte do Pindo”, seguindo a liña habitual da lingua galega que nos deixa a Illa da Toxa, a Península da Barbanza ou a Praza do Obradoiro. Feijoo mesmo entende que “Monte Pindo” pode ser unha “anomalía sintáctica”. Aportan como documentos que avalían esta tese a obra de Barreiro Barral, unha das enciclopedias sobre o Pindo, un mapa do Reyno de Galicia dos partidos xudiciais de 1812 ou os mapas do IGN. Mapa Geografico Reino de Galicia Comarca Monte Pindo 1812 Mapa Geográfico Reino de Galicia, Comarca Monte Pindo (1812)

Hoja 93-III del Mapa Topografico Nacional 1974 Hoja 93-III del Mapa Topográfico Nacional 1974

”Monte Pindo”

No outro lado da balanza, a Asociación Monte Pindo Parque Natural, que ata ten unha mesa sobre a toponimia, ten claro que aposta por “Monte Pindo”, como explicaran nun interesante artigo sobre a toponimia do Olimpo Celta. Dende a entidade apuntan que foi o Padre Sarmiento o primeiro que se referiu así ao macizo carnotán no ano 1745, na súa obra «Viaxe a Galicia» referíndose sempre e inequívocamente a el como "Monte Pindo" e facendo referencia a que colleu ese nome dun monte grego granítico moi semellante ao carnotán. Ese é tamén o topónimo que aparece na Carta Xeométrica de Galiza que Domingo Fontán rematou en 1837. Monte Pindo na Carta Xeometrica de Galicia-1837 "Monte Pindo" na Carta Xeométrica de Galicia-1837 Tamén Otero Pedraio, Vicente Risco ou Cuevillas referíronse así no Tesouro Informatizado da Lingua Galega (TILGA). Existe también otro gran especialista como José Luís Galovart Carrera que sempre escoller “Monte Pindo” para as suas colleitas fotográficas e patrimoniais.

”O Pedregal”

Hai tamén unha curiosa visión dende o lado este do macizo. A xente de Mazaricos, e moita xente das zonas altas do monte, coñece o monte como “O Pedregal”, ou “O Pedregal do Pindo”, pero sen embargo cando se refiren a el cara fóra, falan do “Monte Pindo”. E vós, que pensades?.  

Patrimonio Pindexo

Fonte

Comentarios