Quique Bolsitas fixo máis emotiva a limpeza da praia do Trece

40 persoas achegáronse ata os areais do Trece para participar na Limpeza colaborativa organizada por varios colectivos como Mar de Fábula, Noia Limpa, UbuntuLife e o activista QuiQue Bolsitas.
Un día para comprobar o poder da cidadanía, dos colectivos e as asociacións, na descontaminación da contorna das praias do Trece.
A pesar de estarmos unha época de pouco lixo por ter rematado hai tempo a temporada de temporais e unha vez que Mar de Fábula xa ten realizado diferentes limpezas nesta zona, en total, retiraron 64 kg. de lixo que nunca máis voltarán ao mar.
Con todo, a xornada será recordad como unha das limpezas emotivas que se teñen feito na comarca. Coñecer en primeira ao activista ambiental, Quique Herrero, QuiQue Bolsitas, ao seu paso por Galicia, ten sido toda unha experiencia. Persoa cun ánimo e cunha determinación única e contaxiosa.