luns. 28.07.2025
El tiempo

Balarés, a media hasta

Chiringuito de Balares pechado
O Chiringuito de Balarés, pechado
Balarés, a media hasta

A media hasta loce a flamante Bandeira Azul da praia de Balarés. Porque o areal pontecesán, o escollido este ano por Rueda para facer entrega das bandeiras a toda Galicia e un dos máis usados da comarca de Bergantiños, sofre a falta do seu chiringuito.

Este pasado sábado, un 26 de xullo cun día espectacular, a praia rexistraba unha entrada regular. Eran as 14:00h e aínda había sitio nas devezadas mesas de pedra do piñeiral, algo impensable outros anos, cando a xente madrugaba para reservar espazo para comer en familia.

Pero este verán, a carencia dun chiringuito (nin sequera o posto dos xeados) así como a precariedade dos servizos básicos (só funciona media ducha, e os baños ás veces colapsan) fan que a xente escolla outras praias como Laxe, Seiruga, Corme ou Razo.

Concesión

O chiringuito é unha concesión da Deputación. Este ano esperaba unha necesaria reforma, pero non se fixo a tempo nin a reforma, nin o proceso de licitación, nin a prórroga que nos dous últimos anos permitira a unha familia da zona explotar e manter vivo o establecimento, unha das xoias hostaleiras do verán bergantiñán.

Moitos vén na falta de concreción da concesión do chiringuito, unha lea entre partidos (PSOE na Deputación e PP no Concello) e mesmo algún veciño do lugar lembra a sombra dun ex alcalde socialista.

O aparcamento, caso aparte

aparcamento de Balares baleiro
O polémico aparcamento de Balarés, baleiro

O do polémico aparcamento/atentando medioambiental é caso aparte. Construído, a pesar das protestas das xentes do lugar, a base de cemento nunha braña, a 300 metros da area, empregando 400.000 euros de investimento provincial. Pero é que un 26 de xullo estaba absolutamente baleiro…

As zonas de aparcamento daban de sobra, e mesmo se segue permitindo que os coches cheguen ao areal, e que o aparcamento de sempre, a carón da estrada e máis preto do areal, continúe aberto e mesmo sinalizado. Que necesidade había?

Aparcamento de Balares antigo ateigado
O aparcamento antigo de Balarés, aínda aberto e sinalizado

Máis novas

Comentarios