sábado. 02.08.2025
El tiempo

Zas convida a descubrir “A vida segreda do río” no paseo fluvial de Baio

roteiro-vida-segreda-rio-Zas
Zas convida a descubrir “A vida segreda do río” no paseo fluvial de Baio

O Concello de Zas pon en marcha este verán o roteiro “A vida segreda do río”, unha actividade guiada polo paseo fluvial de Baio ata a Carballeira municipal co que se pretende achegar a veciñanza e visitante á rica biodiversidade do río Porto e ao patrimonio natural da contorna.

A través desta iniciativa, as persoas participantes poderán coñecer as especies autóctonas que habitan nas ribeiras, as árbores e plantas características deste ecosistema e a importancia da súa conservación.

O roteiro terá lugar todos os martes e xoves ás 12:00 horas, cunha duración aproximada de 60 minutos. O punto de encontro será a Praza Jorge Mira Pérez.

A inscrición é obrigatoria e debe realizarse indicando o día no que se quere participar a través deste formulario ou, en caso de dúbida, tamén se pode chamar ao teléfono 981 71 80 56.

“Con esta actividade, o Concello de Zas reafirma o seu compromiso coa educación ambiental e coa posta en valor dos espazos naturais do municipio, ofrecendo alternativas de lecer sostible e de calidade durante os meses de verán, o mesmo tempo que pon en valor un dos espazos naturais mellor conservados da Costa da Morte”, sinala o Alcalde, Manuel Muíño.

Comentarios