Venres. 26.04.2024
El tiempo

A Mostra Víndemo Ver de Carnota volve engalanada

Mostra Vindemo Ver en Carnota 2022
A Mostra Víndemo Ver de Carnota volve engalanada

Volve a feira por excelencia de Carnota. Non se puido celebrar na Semana Santa de 2020, nin tampouco no outubro de 2021. Pero esta Semana Santa si que teremos o Víndemo Ver - Deputación da Coruña. A IX Mostra de Promoción Local de Carnota encherá a vila os días do 15, 16 e 17 de abril, poñendo en valor á vez a Cultura, o Deporte, as Tradicións, a Música, a Gastronomía local e a Artesanía de toda a comarca.

Este ano, como novidade, a feira estará ambientada nos comezos do século XX, que en Carnota primaban o agro e as leiteiras. A praza do Concello convertirase no escenario dun mercado de principios do século pasado. Por iso piden á veciñanza e visitantes que acodan disfrazad@s.

Os espazos para comprar produtos de proximidade e artesanía, maridarán con postos de comida e bebida onde poder degustalos ao aire libre. Todo aderezado cunha programación cultural para as noites ben interesantes:
O venres 15, Teatro “dúas vellas” con Quico Cadaval e Celso Sanmartín, e logo a cantar e bailar con “Pablo Balseiro e os Cascarillas”.
O sábado 16, concertos de “De Vacas” e “A Banda de Balibina”.
E tanto o venres coma o sábado, ao remate dos Concertos, seguirá a festa coa música nas cantinas que estarán montadas cerca do palco ata as 3.30h.

Programa Mostra Vindemo Ver en Carnota 2022 1

Programa Mostra Vindemo Ver en Carnota 2022 2

Eventos Deportivos

BTT Carnota Vindemo Ver 2022

A XIX BTT será un dos puntos fortes da fin de semana. Será o venres 15 de abril e a saída farase ás 09:30 dende a Casa do Concello. Haberá 2 percorridos, unha ruta curta de aproximadamente 30km e outra de 50km. As inscricións xa están abertas en www.galitimng.com.
Nesa mesma mañán e paralela a BTT, organizarase unha xincana para a rapazada coas súas propias bicicletas. Será diante do Concello, de 11:00 a 13:00h, e non é necesaria inscrición previa (idades recomendadas de 5 a 12 anos e obrigatorio u uso do casco).

Ademais, para o sábado queda a III Andaina Víndemo Ver – A Ruta das Leiteiras, recreando parte do camiño que as nosas ancestras facían para ir vender o leite á Vila de Muros. Será unha ruta circular de aproximadamente 10km. As inscricións faranse en www.galitiming.com.

Novas relacionadas

Comentarios