Sábado. 28.05.2022
El tiempo

Unha neglixencia nunha queima de rastroxos, a causa dun incendio en Quilmas

  • O presunto culpable está sendo investigado.
Incendio en Quilmas-Carnota
Unha neglixencia nunha queima de rastroxos, a causa dun incendio en Quilmas

O pasado 22 de xaneiro, rexistrouse un incendio forestal que arrasou con 0,6 hectáreas de superficie rasa en Quilmas (Carnota). Foi un incendio sen demasiado perigo, nunha zona de monte raso ao carón da estrada, pero a Policía Autonómica, en colaboración con axentes da Unidade de Investigación de Incendios Forestais (UIFO), comezou unha investigación para esclarecer o caso. 

Concluíu que a causa do incendio foi unha posible neglixencia á hora de realizar unha queima de restos forestais. Un veciño da zona estaba realizando unha queima (coa correspondente autorización segundo nos confirma a Policía Local, aínda que a Consellería de Presidencia asegura que non a tiña na nota informativa) en dúas zonas, cando se levantou o vento e unha das zonas descontrolouse, provocando que o lume prendera na vexetación próxima dando lugar ao inicio do incendio.

As forzas de seguridade xa identificaron á persoa, agora investigada tras recoñecer os feitos. As dilixencias por estes feitos remitíronse ao xulgado de garda de Muros.

Trátase da segunda persoa investigada este ano pola Policía Autonómica como presunta autora dun incendio forestal.

comentarios