Sábado. 27.04.2024
El tiempo

Nova solta formativa de lumbrigantes nos Miñarzos

solta lumbrigantes en Lir
Nova solta formativa de lumbrigantes nos Miñarzos

Levan 8 anos facendo soltas de lubrigante coma a de onte. O alumnado do Instituto Galego de Formación en Acuicultura (IGAFA) acodía onte a Lira, para realizar a solta doutros 575 xuvenís de lumbrigante nunha acción formativa, que ademais repercute na mellora da poboación da especie na Reserva Mariña de Interese Pesqueiro Os Miñarzos.

Os individuos liberados deste crustáceo, duns 6 centímetros de lonxitude, foron cultivados polos alumnos e as alumnas do Igafa nas súas prácticas de estudo mentres que os seus proxenitores son salvaxes e proceden das rías galegas. Todos eles levan inserida unha marca microscópica cun código gravado que permite a súa localización cos detectores especiais que están distribuídos nas lonxas da zona.

O Igafa vén realizando este tipo de soltas desde o 2012, nas que a Consellería do Mar xa leva incorporado ao medio mariño case 4.800 exemplares de lumbrigante, a maioría na costa de Lira.

solta lumbrigantes en Lira febreiro 2019

Novas relacionadas

Comentarios