Novas hipóteses dan vida á Ermida do Monte Pindo
Moitas veces temos falado da historia da ermida do Monte Pindo. E pouco a pouco imos coñecendo máis cousas. Desta volta, a Asociación Monte Pindo Parque Natural dá conta dunha nova hipótese.
Segundo a entidade, Helena Gimeno, experta epigrafista da Universidad de Alcalá vén de referirse ao gravado granítico, sinalando que podería indicar “† ERA 1140”, é dicir, ano 1102 da nosa era. A experta, consultada grazas á mediación do licenciado en Historia e doutorado en Historia Medieval pola USC, José Carlos Sánchez Pardo, amosouse interesada en confirmar esta lectura in situ.
Sobre o feito de que a inscrición se atope ao revés, coma se fixese falta un espello para podela ler correctamente, o que acrecenta o misterio en torno ao gravado, a experta da Universidade de Alcalá amosouse desconcertada, asegura que é a primeira vez que ve unha inscrición similar e que a única explicación que se lle ocurre é que se deba a un erro da persoa encargada de gravar o texto.
Este feito abre a posibilidade dunha nova hipótese sobre a ermida. Se ben parece que doi construída no ano 830, pode ser que a inscrición se fixera durante unha recostrución. En todo caso, se efectivamente falamos do ano 1102, a ermita tería cando menos nove séculos de historia e situaríase coherentemente coa auxe do Monte Pindo e do Condado de Carnota na Idade Media, e nomeadamente coas primeiras referencias ao Castelo de San Xurxo, sito no pico veciño do Pedrullo, como testificaba en 1109 Pedro Froilaz de Traba, o patriarca da Casa de Traba. Deste persoeiro pode vir ademais o novo da praia do Pindo (San Pedro), así como a igrexa construída durante séculos ata a construción da nova na honra de San Clemente.
Moitas novas hipóteses arredor do máxico Olimpo Celta, que deberían ser estudadas con medios.
Restos da Ermida do Monte Pindo-Foto-QPCNovas relacionadas
- Recuperando a historia da Ermida do Monte Pindo.
- Atopan restos dunha ermida milenaria no Monte Pindo.
Máis novas do Monte Pindo
- Reproducen unha vasilla de 7.000 anos atopada no Monte Pindo.
- O Simposium Monte Pindo analizou as novas oportunidades do futuro primeiro Parque Natural costeiro.
- A Universidade da Coruña apoia o Parque Natural no Monte Pindo.
- Con Pepe do Fieiro redescubrindo os tesouros do Monte Pindo.
- Galicia vístese de verde polo Monte Pindo.