Venres. 29.03.2024
El tiempo

Novo prazo para inscribirse na Escola de Música de Carnota

Novo prazo para inscribirse na Escola de Música de Carnota

Na primeira semana do mes de febreiro estará aberto un novo prazo de matrícula para cursar no presente ano académico 2011-2012 na Escola de Música Municipal de Carnota, sita no Pindo.

Non hai prazas en todas as especialidades, pero sí na maioría. Ofértanse clases dende os 4 anos en diante: Iniciación musical, música activa, linguaxe musical, orquestra Orff, coro infantil, combos de música moderna, coral polifónica de adultos, piano, guitarra, baixo, batería, gaita, frauta traveseira, saxofón, clarinete, pandeireta, solfexo de adultos e grupo de música tradicional.

Máis información e inscricións

Os interesados deben acudir ás dependencias de cultura no Concello de Carnota nas mañás de luns a xoves ou ben á propia escola os luns polas tardes. Poden chamar tamén ao 981 857 032.

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa da Escola de Música de Carnota.

Comentarios