Venres. 19.04.2024
El tiempo

Novos traballos de prevención de incendios en Carnota, Mazarico e Muros

220219 traballos preventivos distrito Monte Pindo
Traballos preventivos no Monte Pindo
Novos traballos de prevención de incendios en Carnota, Mazarico e Muros

Como fixeron hai un mes en varios montes de Camariñas e Vimianzo, a Xunta vén de realizar unha serie de obras de prevención contra incendios en zonas do Distrito forestal V Fisterra, concretamente en montes sinalados como Zonas de Alto Risco de Incendio (ZAR) dos concellos de Mazaricos, Muros e Carnota.

Así, en Mazaricos e Muros levouse a cabo roza mecanizada de faixas auxiliares, roza manual, poda, clareo en masas arbóreas de distintas densidades, así como a recollida e posterior eliminación de restos forestais, para avanzar na anticipación aos incendios forestais. Estes traballos realizáronse nos montes de Aro de Serráns, Ruña de Colúns e Cotro e Canle de Penedo, no municipio de Mazaricos, mentres en Muros se actuou nos montes de Pedregal, Bolantón e Tal.

Os traballos de Carnota desenvolvéronse nas parroquias de San Mamede, Santa Comba de Carnota e Monte Pindo, neste último caso, nun espazo natural protexido. As obras consistiron en roza mecanizada en faixas auxiliares en ambas marxes e ao longo das vías de comunicación en áreas forestais, roza manual, podas e clareo de masas arboradas e posterior recollida e eliminación dos residuos forestais resultantes.

220219 traballos preventivos distrito V_03

Novas relacionadas

Comentarios