Martes. 19.03.2024
El tiempo

Realizan labores de prevención de incendios en montes de Camariñas e Vimianzo

Prevencion incendios Camarinas
Realizan labores de prevención de incendios en montes de Camariñas e Vimianzo

Estes días, operarios da Consellería do Medio Rural está realizando obras preventivas nos montes do distrito forestal V Fisterra, concretamente nos concellos de Vimianzo e Camariñas. Ditas actuacións consisten, fundamentalmente, en melloras de masas e pistas forestais localizadas no distrito forestal V Fisterra

Así, no concello de Vimianzo realizáronse actuacións de mellora de pistas forestais no monte Coto de Gándara para que os medios do Servizo de prevención e defensa contra incendios forestais teñan un mellor acceso ao monte. As obras consistiron en movementos de terra e baleirados, así como desmontes, execución de gabias e foxos, reparación de camiños con maquinaria, cunha inversión de case 17.500 euros. euros. Nos montes de Montecelo e Piñeu realizáronse rozas manuais e mecanizadas de matogueira, clareos, podas e trituración de restos nunha superficie de 42 hectáreas, por valor de case 52.500 euros.

No tocante aos traballos realizados en Camariñas, localizáronse nos montes da Ínsua, Curbeiro e Cusiñadoiro, todos eles en zonas de alto risco de incendios (ZAR). As obras consistiron na limpeza dos montes e na realización de labores silvícolas, tales como roza mecanizada, podas, recollida e apiado dos restos e a súa posterior eliminación nunha zona de 60 hectáreas.
 

Comentarios