Xoves. 03.10.2024
El tiempo

Novos varamentos dunha tartaruga e un caldeirón nas praias de Carnota

Caldeiron e tartaruga varados nas praias de Muros Carnota-Foto-Manuel Maria Candamo
Caldeiron e tartaruga varados nas praias de Muros Carnota-Foto-Manuel Maria Candamo
Novos varamentos dunha tartaruga e un caldeirón nas praias de Carnota

Esta semana rexistráronse dous novos varamentos nos areais da Costa da Morte. O pasado venres un caldeirón común femia, de 4 metros, aparecía varado na praia de Lariño. Era un animal bastante vello.

Onte acontecía o mesmo cunha tartaruga de coiro (Dermochelys coriacea), aparecida na praia de Carnota, de aproximadamente 1,60 metros.

Ademais, preto do caldeirón, en Lariño había tamén un golfiño común que levaba aproximadamente un mes no areal, pero que non fora descuberto.

Dende o CEMMA, a Coordinadora de de Estudos para os Mamíferos Mariños, achegáronse este luns para realizar as necropsias de ambos animais. Pero a realidade é que os animais estaban bastantes descompostos polo que non puideron extraer moita información.

En todo caso, Alfredo González recoñece que son casos habituais, se ben xa “non está habendo tantos varamentos como durante o inverno. Da tartaruga xa tiñan constancia pois ao longo da semana pasada un barco avisou ao Cemma de que estaba aboiando pola zona das Lobeiras.

Caldeiron varado en Larino-Foto-Manuel Maria Candamo
O caldeirón pode que cos gases expulsase algún órgano interno-Foto-Manuel María Candamo

Tartaruga varada na praia de Carnota-Foto-Cemma
Foto-CEMMA

Novas relacionadas

Comentarios