O BNG de Carnota blíndase contra o transfuguismo

09:35 21/06/11

Os 22 membros da candidatura do BNG de Carnota veñen de asinar un compromiso contra o transfuguismo. Así o fan público hoxe, intenado fixar as bases para que non ocorra o que pasou co edil Tomás Freire, agora nas filas socialistas.
Os membros da comitiva do BNG asinaron por escrito de que "no caso de que obteñan ou cheguen a obter a acta de edil, esta permanecerá inalterabelmente ao servizo da organización pola que foron electos, o Bloque Nacionalista Galego".
Teñen o texto completo na web do BNG de Carnota.
Novas relacionadas
- Unha grande área biosaudable, con ximnasio, piscina e polideportivo para Carnota.
- PSOE e BNG de Carnota amosan a súa postura tralo pleno de investidura.