Domingo. 03.07.2022
El tiempo

O Campionato Cazafotsub recolle as imaxes submariñas máis impactantes dos Miñarzos

O Campionato Cazafotsub recolle as imaxes submariñas máis impactantes dos Miñarzos
O pasado 2 de outubro celebrouse a segunda edición do Campionato Cazafotosub "Mar de Lira", na Reserva Natural dos Miñarzos. Un campionato a primeiro nivel estatal que aproveita a riqueza das augas da zona dos “Baixos do Forcado” para sacar imaxes tan espectaculares coma estas. Este ano o Campionato contou coa presenza dunha delegación de participantes de Cataluña, que lle deu un nivel case nacional á proba. Entre eles, cabe destacar a presenza de Quique Díaz (3º clasificado Campionato de España 2010, 4º 2009 e 2º 2008), Oscar Sagué (Campión España 2010), David Mandos (Campión de España 2009), ou Siscu Díaz.

A inmersión

A primeira parte do Campionato, e máis importante, é a inmersión e búsqueda de fotografías. Debido ás malas condicións meteorolóxicas, cun mar de fondo de 4m e ventos con refachos superiores aos 100km/h a zona de competición modificouse, designándose parte do Porto de Lira para iso, ao abrigo do mar e vento. Aínda así, as augas estaban moi difíciles para a práctica da Cazafotosub, cunha visibilidade en moitas zonas inferior ao metro, e moi pouca luz, o que facía realmente difícil enfocar. Así e todo, no transcurso da proba púidose comprobar a boa forma física dos deportistas, con longas apneas e recuperacións rápidas, intentando fotografar os góbidos, blénidos e lábridos, que finalmente foron as especies máis abundantes. O seguinte paso da proba era a elección das imaxes. O tempo para a identificación de especies e selección de imaxes foi de dúas horas, nas que habería que elixir as fotografías para presentar, e identificar a especie presentada. Debido á experiencia dos deportistas o tempo chegou, e os que tiñan algún problema puideron recorrer aos máis expertos, que axudaron en todo momento coas dúbidas. E tras isto, unha comida no restaurante O Cachiño, para dar por terminada esta segunda edición do Cazafotosub Mar de Lira, e quedar á espera da reunión do xurado para a puntuación.

Clasificación

Finalmente, Xoan López Cambeiro alzaríase coa vitoria, por segundo ano consecutivo, con 143 puntos, por diante de Quique Díaz, 2º e Siscu, 3º. Luís Alberto Martínez (subcampión galego) obtería o 4º posto, por diante de David Mandos e Oscar Sagué, e en sétima posición, e terceiro dos galegos, Francisco José Pardo, demostrando unha gran progresión. Así, esta es la clasificación final del II Campeonato de Cazafotosub "Mar de Lira", que se celebrou o pasado 2 de outubro na Reserva Natural de Os Miñarzos, na zona conocida como “Baixos do Forcado”, en Carnota:
  • 1) Xoan Cambeiro (143 puntos).
  • 2) Enrique Díaz Hernandez (116 puntos).
  • 3) Francisco Díaz Hernandez (108 puntos).
  • 4) Luis Alberto Martinez (93 puntos).
  • 5) David Mandos (78 puntos).
  • 6) Oscar Sague (74 puntos).
  • 7) Francisco Pardo García (65 puntos).
  • 8) Héctor Costa (43 puntos).
  • 9) Oscar Mateo Martin (39 puntos).
  • 10) Antonio Abilleira.

comentarios