Domingo. 13.10.2024
El tiempo

O Ézaro xa espera o pelotón de La Vuelta

O Ézaro xa espera o pelotón de La Vuelta
La Vuelta volvera ao Ezaro por segunda vez-Foto-Jorge Parri La Vuelta volverá ao Ézaro por segunda vez-Foto-Jorge Parri
  • Despois do éxito da edición de 2012, onde foi final de etapa, volve ao percorrido da Volta a sempre espectacular ascensión ao Mirador de Ézaro. Sen entrar en comparacións, quizá un dos sitios máis belos aos que chegou a Volta nos últimos anos. A dureza das súas rampas deixaranos imaxes, igual que na chegada de 2012, que pasarán á historia da Volta. Serán 170 quilómetros que acabarán cun final que non deixará indiferente a ninguén e…
 

Así define a organización a 3ª etapa da edición de La Vuelta a España 2016. Sen dúbida, a subida ao Mirador do Ézaro será un dos grandes puntos de referencia dunha das probas ciclistas máis importantes do mundo.

Xa o sabiamos dende que o alcalde nolo confirmara en setembro do ano pasado, pero esta fin de semana tivo lugar a presentación de La Vuelta 2016 no Hostal dos Reis Católicos de Santiago de Compostela. Alí estivo unha completa expedición dumbriesa, co alcalde José Manuel Pequeño á cabeza, co concelleiro Raúl González, o técnico de Deportes César Ferrío, a Concelleira Ana Casais e Vicente Formoso, Triki, ademais de Ezequiel Mosquera.

Expedicion Dumbiresa na presentacion en Santiago de LV2016 Expedicion dumbriesa na presentación en Santiago de #LV2016

Un novo impulso turístico

Saben dende Dumbría a importancia dos eventos para a promoción turística. Xa o tiñan claro, pero despois de comprobar o crecemento de turistas nun 155% en 2103 despois do paso do pelotón pola zona, xa non cabe dúbida. Volverán ser case 200 países os que vexan as impresionantes imaxes da nosa bisbarra dende o ceo.

O paso da Volta pola Costa

Perfil etapa La Vuelta con Final en Alto do Ezaro 2016

Así, La Vuelta arrincará con acento galego, en Ourense, o sábado 20 de agosto. Será o luns 22 de agosto de 2016 cando o pelotón invada a nosa bisbarra. Esa 3ª etapa partirá de Marín, irá subndo cara o norte, entra na zona por Suevos, subindo polos Montes de Carnota. Baixará o pelotón para dar a volta enteira por Muros e volver a subir ata o Alto das Paxaireiras, dende onde baixarán ata Caldebarcos e Quilmas, e dende onde arrincarán cara o Alto do Ézaro.

O pelotón marchará en todo caso esa mesma tarde pois a saída da 4ª etapa farase en Betanzos e rematará en San Andrés de Teixido.

Viviremos algo así:

 

Inscricións no Ézaro

E mentres, xa podes ir pensando en inscribirte para ser un dos 1000 participantes no Gran Fondo Ézaro

Inscricion para o Gran Fondo Ezaro 2016

Novas relacionadas

Máis novas

Fonte

Comentarios