xoves. 01.05.2025
El tiempo

O IX encontro Monte Pindo trae deporte, gastronomía, paseos culturais e festa

O IX encontro Monte Pindo trae deporte, gastronomía, paseos culturais e festa
O Pindo xa está preparado para acoller a vindeira fin de semana o IX Encontro Monte Pindo, organizado pola asociación cultural, deportiva e recreativa Pedramar. Os organizadores ofrecerán distintas actividades que se desenvolverán durante os días 14, 15 e  16 de xullo tales como sendeirismo, carreiras na natureza, degustacións gastronómicas, paseos culturais en catamarán, comida de confraternidade, música e moita festa. Tamén o sábado, día 15, terá lugar o III Trail Encontro Monte Pindo no que se ampliaron o número de probas a celebrar. Así, a proba longa terá este un percorrido de 29 quilómetros e 1.380 metros de desnivel positivo. A curta constará de 14 quilòmetros e 620 metros de desnivel positivo e é a proba ideal para aqueles que queren comezar a correr polo Monte Pindo. O prazo de inscricióin no III trail estará aberto ata o mércores, 12 de xullo e pode formalizarse a través da plataforma Galitiming.

Programa do IX Encontro Monte Pindo

Venres, 14 de xullo: No local social situado no porto do Sinal.
  • 21 horas: Apertura do IX Encontro Monte Pindo a cargo de Toño González, presidente da A.C.D.R. PEDRAMAR; Tito Concheiro, arqueólogo; e Felipe Senén, historiador.
  • 21:30 horas: Proxección da montaxe documental das obras de Pedramar Teatro en honor, lembranza e agradecemento a a Monolita Riveiro Caamaño.
  • 22:30 horas: Degustación gastronómica.
Sábado, 15 de xullo Na praza da Solaina.
  • 9:30 horas: Subida guiada o Monte Pindo.
  • Dende as 15 horas:  Entrega de dorsais ós participantes no III Trail Encontro Monte Pindo.
  • 16 horas: Saída da proba para a categoría prebenxamín (6 e 7 anos), cun percorrido de 700 metros.
  • 16:15 horas: Saída da proba para as categorías benxamín (8 e 9 anos) e alevín (10 e 11 anos), cun percorrido de 1.200 metros.
  • 16:30 horas: Saída da proba para as categorías infantil (12 e 13 anos) e cadete (14 e 15 anos), cun percorrido de 2.700 metros.
  • 17 horas: Saída da proba para as categorías xuvenil (16 e 17 anos), parellas, senior, veteranos A e veteranos B. Para os adultos haberá dúas distancias: 14 quilómetros e 29 quilómetros.
  • 22:15 horas: Entrega de trofeos.
  • 22:30 horas: Degustación de rodaballo e verbena a cargo da orquesta Pacífico.
Domingo, 16 de xullo
  • 10:30 e 12:30 horas: Dende o porto do Sinal, saídas en catamarán pola ría de Cee e Illas Lobeiras guiadas e documentadas por  Tito Concheiro e Felipe Senén.
  • 14:30 horas: Na praza da Solaina e baixo carpa, comida de confraternidade e clausura do IX Encontro Monte Pindo.

Comentarios