O Mercado Ecolóxico de Quilmas volve con produtos de primeira, obradoiros e debate



Este domingo, ten Quilmas unha nova cita coa produción ecolóxica. I é que temos na Costa da Morte un dos mellores exemplos en toda Galicia para coñecer xeitosalternativos de producir e mercar alimentos ecolóxicos de proximidade.
Así, o domingo 23 en Quilmas, toca nova edición do Mercado Ecolóxico pola Defensa da Terra, un dos 7 que artellarán durante o verán. E ademais de disfrutar da fermosa paraxe, da encantadora estampa das carpas ao pé do atlántico, e de mercar produtos locais de primeira calidade, teremos moitas máis cousas.
A brava xente da Cooperativa de Agricultura Ecolóxica Raínha Lupa están a organizar un obradoiro de reciclaxe de palés en mobles de uso público.
Haberá tempo tamén de debate e reflexión sobre a relación que temos as persoas co noso territorio (concretamente en Carnota e Quilmas) ao longo da historia e de coma recuperar saberes e tradicións que eran e son beneficiosas para as comunidades e para a natureza.
E terán tempo para falar do xabarín, expoñer a problemática e causas do seu gran número e buscar solucións activas para evitar os danos que está a crear nos cultivos.
Máis información
Novas relacionadas
- A Feira de Produtos Locais de Carnota volverá en xuño co sorteo dunha cesta
- A Feira de Produtos Locais de Carnota volverá o 1 de xuño co sorteo dunha cesta.
- 9 mercados ecolóxicos en forma de pléiades en Quilmas.
- Carnota volve deixarse ver na segunda Mostra Víndemo ver.
- Carnota reafírmase como centro de agricultura ecolóxica con premios e cursos.
- Agricultura eco-lóxica.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).