mércores. 07.05.2025
El tiempo

O PSdG carnotán salta á voz publica criticando a PP e BNG por igual

O PSdG carnotán salta á voz publica criticando a PP e BNG por igual
Oreiro do PP Suso Campos PSOE Noceda BNG de Carnota

En vista dos últimos acontecementos que están a suceder en Carnota sobor do despedimento dunha serie de traballadores, e as 26745sentenzas que veñen a anular ditos despedimentos, o PSdG de Carnota, na voz de Suso Campos, salta á voz pública despois de moitos meses de silencio, para deixar ben claro as seguintes cuestións, que trasladamos directamente:

  • 1º O pobo de Carnota votou maioritariamente un cambio de goberno na pasada lexislatura, posto que o Partido Popular quedou moi lonxe de acadar a maioría absoluta de que dispoñía. Non foi o PSdG quen votou do goberno ó PP, senón que foron os veciños e veciñas de Carnota.
  • 2º No PSdG de Carnota entendemos que as razóns polas que se produceu este cambio foi polo despilfarro continuado dos fondos municipais do concello, tendo como principal expoñente o propio soldo do Sr. Oreiro e a política de contratacións e despedimentos que foi sectaria e reaccionaria.
  • 3º O PSdG de Carnota xa deixou clara a súa posición con respecto ás contratacións e ós despedimentos que está a facer o actual goberno municipal do BNG, que son exactamente o mesmo que fixo o PP con anterioridade. O alcalde, Ramón Noceda está a despilfarrar os fondos públicos con xuizos que non levan a ningunha parte, contratando de xeito totalmente parcial e despedindo ós que non comulgan con eles. A xudicalización da vida municipal, aparte do coste que ten para o Concello, está a facer que perdan o tempo en cuestións inxustas e non productivas. Así están que non se lle ve nin unha obra.
  • 4º As declaracións que está vertendo o PP sobre os socialistas son para espallar o propio lixo que teñen sobre eles. O PSdG non ten culpa de que o PP arruinara o Concello, nin tampouco ten culpa de que o BNG se esté comportando igual que o PP, dun xeito despótico e sen dar solucións ós problemas reais da veciñanza. Nese senso sumámonos á petición de dimisión do Alcalde Ramón Noceda posto que non está respostando ás espectativas esperadas e como consecuencia das súas decisións está endebedando máis aínda á veciñanza de Carnota.
  • 5º Qué difícil é para a algúns deixar de facer falcatruadas. Queda un ano e medio para as próximas eleccións e consideramos que estamos á altura de emprender un xeito de gobernar distinto ó do PP e ó do BNG. Non é tan difícil. Somentes é cuestión de vontade, e nós témola.

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa do PSdG de Carnota.

Comentarios