Unha nova vía de negociación serve para suspender a folga en Stolt Sea Farm


Boas novas acaban de chegar tras unha reunión mantida esta mañá de xoves 19 de decembro entre Comité e Dirección da multinacional Stolt Sea Farm. I é que segundo nos conta a CIG, queda suspendida a folga logo de abrirse unha vía para acadar unha saída negociada ao conflito laboral.
Deste xeito, as dúas novas xornadas de folga convocadas nas plantas de Stolt Sea Farm da Costa da Morte e o Barbanza para o xoves 19 e o venres 20 de decembro quedaron suspendidas. Logo da folga da semana pasada, e tras varias reunións, acaba de abrirse unha vía de diálogo entre comité e dirección de empresa para buscar unha saída negociada ao conflito laboral que se vive na multinacional, en demanda do mantemento do convenio colectivo e o emprego.
Como comentamos, a decisión foi tomada tras a convocatoria de reunión coa dirección da empresa que terá lugar este xoves, ás 10:30 horas.
Un asunto compometido, e que inflúe a moitos veciños da bisbarra porque a empresa non deixa de ser unha das que máis traballadores ten na Costa da Morte, con plantas piscícolas en Lira (Carnota), Merexo (Muxía) e no Cabo Vilán (Camariñas).
Novas relacionadas co convenio de Stolt
- 17-12-13: A Corporación Municipal de Carnota apoia aos traballadores de Stolt Sea Farm.
- 13-12-13: Arrincou a folga nas piscifactorías de Stolt.
- 11-12-13: O BNG de Camariñas sitúase do lado dos traballadores de Stolt.
- 09-12-13: Comité e Dirección de Stolt enzárzanse ca folga.
- 02-12-13: O conflito de Stolt recrúase.
- 29-11-13: Os alcaldes piden á Xunta que interveña no conflito laboral de Stolt.
- 25-11-13: O Comité de Stolt Sea Farm convoca unha folga para decembro.
- De axudas e postos de traballo nas piscifactorías.
- Os traballadores despedidos de Carnota critican a doble moral do alcalde.
- Tempo de conflitos laborais en Carnota.
- 11-11-13: Os sindicatos de Stolt reúnense cos alcaldes de Carnota, Camariñas e Muxía.
- 17-10-13: O Comité de Empresa de Stolt solicita unha arbitraxe para clarexar o convenio.
- 14-10-13: Parálise na negociación do Convenio de Stolt.
- 03-10-13: O Convenio Colectivo á exame nas piscifactorías de Stolt.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).