Xoves. 29.10.2020
El tiempo

As obras do Hotel Faro Lariño avanzan mentres a política frea o acondicionamento da contorna

O cartel das obras do Hotel do Faro Lariño
O cartel das obras do Hotel do Faro Lariño
As obras do Hotel Faro Lariño avanzan mentres a política frea o acondicionamento da contorna

Avanzan, e a moi bo ritmo, as obras do Hotel Faro de Lariño. Dende hai un mes, a empresa local Mariano Louro está a pleno rendemento coa reforma integral dun faro, que este 2020 cumple 100 anos, abandonado hai moito tempo, para convertilo nun máxico hotel con encanto de 9 habitacións e unha acolledora taberna mariñeira. Se non hai contratempos, a idea sería abrir para a Semana Santa de 2021.

Un proxecto que pretende “marcar destino e ser complemento do que estamos a conseguir no Semáforo de Fisterra”, como recoñece o promotor Jesús Picallo. “Estamos moi ilusionados, traballando a tope segundo o Plan de Traballo marcado pola Autoridade Portuaria de Vilagarcía”, explica ante a extricta vixilancia das administracións en edificios singulares como estes.

Sobre o impacto económico, máis alá dos 3-5 empregos directos que vai xerar, Picallo focaliza na xeración de negocio que vai provocar no panadeiro, a peixería, a carnicería… da zona.

Ademais, as ideas van agromando e na súa cabeza xa está a proposta de convertir Lariño nunha capital de grandes concertos, pois a zona, ben abrigada, é absolutamente ideal para esta clase de eventos singulares.

Obras no Faro Larino

Proxecto da Mellora da contorna paralizado

Precisamente, se houbo algo que decantou que a empresa costeira escollera recuperar o Faro de Lariño (dende a Xunta xa lle propoñen facer esta clase de proxectos noutros faros impresionantes de toda Galicia) foi que dende o Concello lles aseguraban que estaba en marcha o proxecto de mellora ambiental do contorno do Faro.
Pero as discrepancias políticas poñen en perigo as necesarias obras.

O proxecto de 200.000€ foi aprobado co anterior goberno do BNG, e aceptado por toda a oposición, e incluía a “demolición do muro do antigo campo de fútbol” (un feito fundamental, pois xa houbo unha empresa que se botou atrás no seu día ao velo), para dar paso a un “proxecto de reintegración paisaxística, dotando de varias pistas de pádel e unha área de autocaravanas”.

Pero proxecto foi revisado polo actual goberno, que consideraba que o investimento municipal era excesivo, polo que presentaba no pasado pleno unha revisión que rebaixaba o investimento, cambiaba a fonte de financiamento, e retiraba unha pista de pádel e a área de autocaravanas. Os votos en contra de PP e BNG, que piden a recuperación do proxecto inicial, votaban abaixo a moción.

faro larino-Carnota-Quin MUros copia
O contorno ten moitas posibilidades, como vemos nesta imaxe de Quin Caamaño

Carnota, o futuro do turismo costeiro

”Carnota é das últimas en chegar ao turismo, pero vén con forza como así o avalan as cifras deste verán”, valora un Picallo, que considera que “un lugar como este ten que ter non unha, senón 3 áreas para autocaravanas. Hai que apostar por este tipo de turismo e dígoo porque eu en Fisterra as vivo, e o turismo de autocaravanas non é o mesmo que hai anos. A xente que vén en autocaravana ou furgonetas come, cea e ata durme unha noite no Semáforo”.

Novas relacionadas

comentarios