Venres. 29.03.2024
El tiempo

Os alumnos do Concello de Carnota cantan, actúan e practican xogos tradicionais

Os alumnos do Concello de Carnota cantan, actúan e practican xogos tradicionais

Sesión completa cultural a que tiveron diferentes alumnos do concello carnotán esta pasada fin de semana. Se polo Pindo os pequechos disfrutaron dunha xornada de xogos tradicionais, a Escola de Música de Carnota celebrou un festival promovido polo IES Lamas de Castelo.

Concerto no Concello

O luns 4 de abril celebrouse no salón de actos do Concello, o concerto promovido polo IES Lamas de Castelo, para xuntar cartos para a excursión de 4º da Eso, que se van o vindeiro domingo para Berlín.
O Concerto foi moi amplo e variado, e participaron alumnos de tódalas idades, posto que actuaron os alumnos da ESMU con actuacións varias (nenos solistas, coro infantil, orquesta orff, combos, dúos, cantantes, pandereteiras da solaina, grupo de música tradicional, etc) e os alumnos de ESO cunha simpatiquísima obra de teatro (dous tontos e unha muller).

Todo foi un éxito. O salón de actos cheo ata os topes, os pais dos alumnos entregados á causa, comprando na cantina e rifas para o sorteo dunha cesta, os Mestres da ESMU animando ó público a que foran partícipes das actuacións musicais, as autoridades (alcalde e tenenta de alcalde) impresionados polo gran nivel, e os alumnos dándoo todo.

A escola de música está encantada de participar e facer estes festivais, posto que así demostran o bo funcionamento e o que aprenden durante todo o ano.

Xornada de xogos tradicionais no Pindo

Durante un mes os cativos dos distintos centros escolares da bisbarra están a desfrutar das XI xornadas escolares adicadas os xogos tradionais. Os centros que colaboran nesta inicitiva son, Bergondo, Esteiro, Barquiña, Cruceiro de Roo, O Pindo.

As actividades desenvolvéronse durante toda a maña, con distintas finalidades, facer novas amizades, convivir con rapaces de outros centros, colaborar… e como non recuperar os xogos de antaño.
Esta semana os actos lúdicos, desenrolase no Ceip da Serra de Outes con un total de 280 rapaces de distintas idades que van rotando nos distintos xogos, chapas, xogos musicais, zorregada co cinto, brilé, caza do raposo, saltar a corda, carreira de sacos…

Novas relacionadas

Fonte

  • Notas de prensa do CEIP do Pindo e da Escola de Música de Carnota.

Comentarios