![Entroido Ceip Mar de Fora - Foto- Dario Gomez Entroido Ceip Mar de Fora - Foto- Dario Gomez]()
Xa ule a Entroido na Costa. E os primeiros en celebralo son os centros educativos da bisbarra. Se por
Baio os alumnos ocuparon a estrada principal co seu desfile, polo
Pindo os alumnos do
CEIP San Vicenzo levan toda a semana argallando o entroido, dende a indumentaria, ata cantigas, mascaras, cancións etc para desfrutar destas datas tan especiais.
Ademais, en
Fisterra os pequechos alumnos, e as non tan pequechas mestras, do CEIP Mar de Fóra saíron de desfile polas rúas da Vila do Cristo.
A temática este ano no centro carnotán esta dirixida os xogos de mesa, parchís, xadrez, dominó, cartas etc cada curso disfrazaráse de distintas temáticas.
Este ano como novidade, o equipo do centro organizan unha exposición fotográfica do entroido, pasado e presente dende o ano 1990, ata os noso tempo, todos aqueles curiosos que a desexen visitar podeno facer no centro.
Lembren que o
Entroido carnotán ten o sábado unha cita ineludible no Pindo, onde as filloas e o vello Exipto serán os protagonistas.
![Entroido CEIP Mar de Fora - Foto- Dario Gomez 1 Entroido CEIP Mar de Fora - Foto- Dario Gomez]()
Máis información
Poden ollar todas as propostas para este Entroido 2011 en
www.axendacostadamorte.com.
Fonte