Venres. 29.03.2024
El tiempo

Os monstros de Nacho Porto chegan a Nova York

Os monstros de Nacho Porto chegan a Nova York

Nacho Porto, ceramista carnotán, é un dos 9 artesáns de Galicia escollidos para expoñer o seu traballo en Nova York, contando co apoio da Fundación Centro Galego da Artesanía e do Deseño. A exposición colectiva “Encontros”, que estará aberta ao público no Centro Español – La Nacional, de Nova York, entre o 14 e o 18 de decembro.

Os artistas galegos que conforman a exposición colectiva “Encontros” están especializados no traballo con diferentes materiais como a pedra, o bronce, o vidro ou a cerámica. Entre os participantes atópanse os obradoiros artesanais de Iria Rodríguez, Nacho Porto, Rosa Méndez, Suso Dobao e Marcos Escudero e os artesáns Verónica Pérez, Cuqui Piñeiro, Jontxu Argibay e Eugenia Santos. Ademais tamén participan os artistas Teresa Añón, Gonzalo Sarasquete, Manuel Teira e José Caamaño.

Nacho Porto tamén comprometido co medioambiente do país

Ademais, as figuras de Nacho Porto serán os galardóns dos Premios Osíxeno e Dioxina que outorga a entidade ecoloxista Adega.

Máis información

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa da Xunta de Galicia.

Comentarios