Os voluntarios limparán 8 praias da Costa da Morte
Debería ser traballo das administracións manter limpas as nosas praias. Xa é que o lixo, e os plásticos por riba de todo, seguen a ser un dos grandes inimigos da natureza. Cada ano, o 8 de xuño é o Día Internacional dos Océanos, e dende a Asociación Ecoloxista ADEGA promoven esta iniciativa de voluntariado para eliminar os milleiros de quilos de lixo que este inverno as mareas trouxeron aos nosos areais.
Baixo o lema “Uns océanos sans, uns planetas sans”, son diversas as entidades que se suman a esta iniciativa. Onte facíano xa os rapaces do IES Maximino Romero de Lema. Coordinados por Carlos Concheiro achegáronse ata a Praia de Soesto para deixala un pouco máis limpa. Aí vemos aos 25 alumnos/as cos 2 profesores/a, que apañaron nade menos que arredor de 100Kg.
Se en Galicia son 28 as praias que recibirán unha man de altruísmo duns 40 colectivos, na Costa da Morte, son 8 os colectivos que sacarán os rastriños esta fin de semana nesta reivindicativa IV Limpeza Simultánea de praias. Centros de ensino, escolas de surf, centros de mergullo, clubes de piragüismo, vela, pescadores, asociacións de todo tipo, concellos ou grupos de particulares están chamados a limpar as praias e denunciar esta problemática ambiental.
Na Costa teremos saídas en Carballo, Laxe, Muxía,Cee, Fisterra por partida doble, Carnota e Muros tamén doblemente. Só tes que poñerte en contacto coa organización e poñerte a recoller!
Limpeza da praia As Saíñas (Carballo)
- Asociación Ambiental Senda Nova e Concello de Carballo.
- Domingo 7 de xuño.
- Contacto: Ánxela (617 197591).
Limpeza da Praia de Soesto (Laxe)
- Organiza: Contramínate e CPI Cabo da Area.
- Domingo 7 de xuño (11:30h).
- Saída da Praza de Ramón Juerga.
Limpeza da Praia dos Muíños (Muxía)
- Organiza: Programa de voluntariado do concello de Muxía.
- Sábado 6 de xuño.
- Contacto: José (981 74 20 01).
Limpeza da Praia de Talón (Fisterra)
- Organiza: Veciñanza de Fisterra.
- Sábado 6 e domingo 7 de xuño.
- Contacto: Soledad (625 947 945).
Limpeza da Praia Mar de Fóra (Fisterra)
- Organiza: IES Fin do Camiño.
- Venres 5 de xuño.
- Contacto: Viqui (650 261 283).
Limpeza da Praia de Corna Becerra (Carnota)
- Organiza: Raínha Lupa; Plataforma pola defensa do Patrimonio de Quilmas; ADEGA Costa da Morte.
- Sábado 6 de xuño.
- Contacto: Lucía (981 760 227).
Limpeza da Praia San Francisco (Muros)
- Organiza: Concello Muros e CEIP de Louro.
- Venres 6 de xuño.
- Contacto: Sonia (639 720 695).
Limpeza da Praia O Castelo (Muros)
- Organiza: Concello Muros e EEI Muros.
- Venres 6 de xuño.
- Contacto: Sonia (639 720 695).
Outra Limpeza en Lires
Paralelamente, non dentro desta convocatoria de ADEGA, a xente de Pedras Miúdas de Cee artella para o domingo 14 de xuño unha Limpeza da súa praia.
Novas relacionadas
- 16-03-15: Os voluntarios de Mar de Fábula curan a ferida plástica do Coído de Touriñán.
- Unha fábula moi ecolóxica.
- 3 ríos costeiros, un pouco máis limpos co Proxecto Ríos.
- A Costa móllase polas súas praias.
- A veciñanza salva os areais.
- Limpeza Simultánea 2013: Limpando praias e conciencias.
- Plásticos que invanden areais.
- Loitando contra a invasión do plástico.
- Crebas en forma de tartaruga e chapapote en Fisterra.
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).