Luns. 29.04.2024
El tiempo

O Pindo prepárase para un emotivo Festival Solidario

Concerto Solidario O Pindo AECC Cartel 2023
O Pindo prepárase para un emotivo Festival Solidario

A Asociacion Chan das Lamas de Quilmas e a Curra e a Asociacion Pedramar do Pindo andan a preparar conxuntamente un festival solidario para recaudar fondos en beneficio da Asociacion Española contra o Cancro AECC).

O evento, presentado por Fran Hermida, será o vindeiro 28 de outubro, a partir das 19:30h no porto do Pindo, coas actuacións de Os Nosos, LX Música (música dos 80s), a televisiva Ruth Cundíns, Los Potes (música dos 70s) e Zona Vella (con música dos 60).

Os donativos para asistir ao concerto son de 10€ e podes mercalos no Covirán, na Morada da Moa ou na Cafetería Mar do Norte, no Pindo.

Os que queiram solamente colaborar sin asistir a o concerto hai unhas Filas 0 que son a 5€.

Todo o personal que traballa neste concerto sobre unhas 50 persoas e de forma altruista.

Comentarios