O Pindo reencontrouse coas súas pedras

Brav@s participantes no Encontro Monte Pindo-Foto-Quino Pais
  • Este domingo, toca disfrutar do V Trail Encontro Monte Pindo

Cada ano, o Olimpo Celta ten unha cita especial cos seus veciños do Pindo. A Asoc. Pedramar volveu organizar o Encontro Monte Pindo, xa na súa decimoprimeira edición. Un compendio de actividades para confraternizarse coas máxicas rochas graníticas.

O sábado arrincaron da Vella Escola ben cediño 34 bravas persoas, a maioría mulleres, dende o Fieiro, para facer a subida á Moa guiados por Quino Pais, que ademais fixo labores de desbroce e limpeza do camiño durante 6 intensas sesións. Pasaron pola Cova da Pendente, escoitando ademais as historias do arqueólogo Tito Concheiro, pois a Cova foi refuxio dos fuxidos o monte durante a Guerra Civil.

Outra das paradas máis especiais desta subida é Peñafiel, así como a Cova da Xoana, para rubir á Moa, onde a néboa impediu disfrutar das vistas. Durante a baixada realizaron pequenas paradas no Chan de Lourenzo, para falar da mina de Wolfram, e tamén, como nonm no Pedrullo ou Castelo de San Xurxo. Ao final, casi 8 horas de monte que deixaron a todo o mundo encantados.

Pola noitiña, tocaba degustación de rodaballo da piscifactoría de Quilmas, donado por Stolt Sea Farm, no edificio do peirao, amenizada por un dúo musical.

A cita dominical volveu consistir na viaxe en catamaran a cargo de Navega Finisterre, con casi 100 personas abordo. Un gozo disfrutar da ría e das historias de Tito Concheiro e Sole Méndez, para á volta, sobre as 15:00h, disfrutar dunh churrascada.

Unha fin de semana dedicada ao noso Olimpo.

Trail Monte Pindo

A vila xa espera con ambición tamén a cita deste domingo 21 de xullo, o V Trail Monte Pindo.

Artigos relacionados

Novas relacionadas