Domingo. 17.11.2019
El tiempo

O MODESTO PATRIMONIO

A toponimia do Monte do Pindo

A toponimia do Monte do Pindo

O pasado día 5 deste mes perdemos a Marcial Martínez Santiago (q.e.d.), un gran colaborador para os meus traballos de campo, xunto co seu veciño Pepe Rodríguez, moi bos coñecedores do territorio onde naceron. Con eles logramos recoller moitos dos nomes das paraxes que estaban condenados a perderse para sempre.

Non é así polo territorio do sur do monte do Pindo lindante coas aldeas de Caldebarcos, Panchés e Quilmas, onde é difícil encontrar persoas con coñecementos territoriais.

Cando camiño por este territorio, sempre me fago a mesma pregunta: “Quen é o dono do Monte do Pindo?”

Vexamos algo de historia: existen documentos do ano 1640 que falan dun tal Pedro Mariño de Lobeiras como dono deste territorio herdado do seu avó Payo Mariño, Marqués de la Sierra, que tiña a casa solariega na Illa de Sálvora. Estos eran os encargados de cobrar as rendas polo pastoreo dos animais particulares dos veciños como cabras, ovellas, vacas, éguas, e que tódolos anos xuntaban nos curros para administralos e marcalos tendo que dar conta da cantidade para efectuar o cobro anual.

A convivencia entre os veciños de Mazaricos e os do Pindo era moi mala pola invasión mútua dos seus territorios, que cerraban con portelas nos pasos naturais. Destaca un preito do ano 1740 entre os veciños de O Pindo Domingo Louro e Martín Lamela, pertencentes á feligresía de San Mamede de Carnota. Víronse obrigados a querellarse contra o veciño da feligresía de Santiago de Arcos, Antonio Vermúdez (algo polémico) por non deixarlle pastar ao gando no Monte do Pindo.

Nas declaracions tomadas aos testimuñas reseñamos o seguinte: Agustín Fernández, labrador e veciño do lugar de Pedrafigueira, declaraba que a facenda de machos e cabras de Domingo Louro e Martín Lamela e os demáis veciños labradores do dito lugar do Pindo diariamente pastaban no monte peñascoso e fragoso, que se nombra pinal do Pindo e Pedregal (un documento fala da abundancia de madeira nesta ladeira e vendida para facer barcos en Pontevedra), que serve de pasto de ditos gandeiros e non para outra cousa, e que dito monte está para o servicio dos veciños do lugar do Pindo.

Os seus dominios eran do Marqués de la Sierra e según o escrito di: “sus pastos pagaban la renta y pensión y sus consortes de dichas cabras y machos que van corriendo en derechura por donde les parezca a la Cova da Barca, Cadoiro do Ézaro hasta la vista de dicha feligresía de Arcos, las toman el pasto sin pastor y no tienen donde hacer daño. Y si en alguna ocasión van con ellas es por temor de los lobos, zorras y teijones y otros animales bravos que las coman. Así mismo dese 10, 20, 30, 40 y siguientes años a esta parte que es el tiempo de acordanza, todo ello con consentimiento de Sueiro Vermúdez, ahora difunto (padre del querellado)”.

Estos animais eran como “desbrozadores” naturais que facían de catalizadores entre a flora e a fauna. Mantíñan limpa as fontes e os camiños que valían de cortalumes para os incendios. Os seus excrementos eran como un almacén de alimentos para a microfauna creando variedade de insectos e facéndolle a vida moi grata aos reptís e as aves.

Coa repoboación feita no 1956 pola Forestal do Estado, comenzou a defunción deste monte.

Ultimamente foi incorporado á Rede Natura 2000. Pero seguimos facendo a mesma pregunta: quen é o responsable de estas 2.400 Ha. de monte? Se consultamos o plano catastral, unha grande extensión, polo norte, está como “Monte de Utilidad Pública” e polo sur, coñecido como “Monte de San Mamed,” pertece a M.V.M.C.V. (Monte veciñal mancomunado).

Co incendio do ano 2013 que arrasou totalmente o pelexo vexetal, desapareceron multitude de plantas e deixou un deserto no mundo da fauna. Pasaron seis anos deste desastre e a flora invasora como os toxos, silvas, fieitos e eucaliptos non tiveron enemigos e compiten entre eles para ver quen máis medra matando á microflora. Os carballos cerqueiros crean pequenas manchas verdes sufrido minusvalías no seu desenvolvemento por falta dunha elemental poda. Moitos dos sendeiros están desaparecidos como o camiño das Pescadeiras.

En resumo:.. o Monte está condenado a outra queima calquer verán…

Mapa Toponimia Monte do Pindo

Patrimonio Pindexo

Comentarios