Xoves. 25.04.2024
El tiempo

A rabiosa natureza foi a protagonista do Encontro Monte Pindo

A rabiosa natureza foi a protagonista do Encontro Monte Pindo
Inauguracion do novo local da AC Pedramar do Pindo

Un ano máis, a Asociación Pedramar do Pindo artellaba unhas xornadas fantásticas arredor do Olimpo Celta. Unhas xornadas completas que mesturaron por 5º ano consecutivo sendeirismo, deporte, da historia, da música e da Gastronomía da Costa da Morte.

Así, o V Encontro Monte Pindo achegou a milleiros de persoas á Carnota. I é que as xornadas ten actividades para todos os gustos. Os amantes da historia e da arqueoloxía ateigaron o novo local da entidade sito no porto para a inauguración e as charlas de dous homes xa da casa, como son Tito Concheiro e Felipe Senén, que xa levan anos traendo saber ao Pindo. Ademais, os asistentes puideron degustar uns petiscos con produtos da casa.

Sábado natural

Sendeiristas no Encontro Monte Pindo-Foto- Quino Pais Subida a Moa no Encontro Monte Pindo

O sábado era o día onde a natureza tomaba protagonismo, con dúas subidas, unha máis arriscada e pelexada que a outra. Pola mañá, roteiro ata a Moa, con picnic, disfrute dun tempo espectacular e moitas historias. Pola tarde, deporte de aventura coa Galicia Máxica Trail Adventure.

De feito, esta Trail era unha das citas máis esperadas da fin de semana, pois foron mái de 300 os atletas chegados de todo o mundo para rubir como gacelas as rochas do Pindo. Máis de 20 quilómetros que partían da praia do Pindo para que un corredor de Bueu, Roberto Riobó Estévez, o gañador, tras máis de 2 horas de dura carreira.

Marea de participantes na Galicia Maxica Trail Adventure-Foto-Quino Pais Saida da Galicia Trail Adventure-Foto-Bruno Cunha Fermosa imaxe da saída da Galicia Maxica Trail Adventure-Foto-Quino Pais Corredores da Galicia Maxica Trail Adventura-Foto-Bruno Cunha

A noite do sábado deixou unha bonita festa rachada, con sardiñada e verbena. Pero sen demasiada troula que o domingo volveu haber saída no María Elena de Cruceros Fisterra polas augas da zona.

Domingo de catamaran no Encontro Monte Pindo.Foto-Quino Pais

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios