Martes. 23.04.2024
El tiempo

O Monte Pindo disfrutou dun Encontro con historia, música, gastronomía e deporte

O Monte Pindo disfrutou dun Encontro con historia, música, gastronomía e deporte

Completísimo o III Encontro Monte Pindo que organizou a A.D.R. C. Pedramar, do Pindo. Unhas xornadas que teñen como obxectivo principal a recuperación do patrimonio do Olimpo Celta, e que mellor que achegándoo á sociedade.

A fin de semana tivo de todo. Charlas, música, ruta polo monte, ruta polo mar, carreira, xantar en familia... E sempre co Monte Pindo como denomiador común.

Foi Tito Concheiro (Felipe Senén deuse de baixa a última hora) que abriu as xornadas o vernes cunha charla sobre os castros da Costa da Morte. De seguido a música e a gastronomía tomaron o relevo da historia para deixar unha noite de festa.

Pero non moita, porque o sábado pola mañá tocaba roteiro ata a Moa. Espectacular a acollida do público, sendo máis de 150 persoas as que percorreron o monte polos seus sendeiros, descubrindo paraxes e pedras con vida propia. A Cova da Xoana quitou o alento á boa parte dos camiñantes.

Igual de multitudinaria foi a carreira dominical da Trail Galicia Máxica. Todo un éxito ademais entre os tamén máis de 100 corredores que a catalogaron de "espectacular, tanto pola complexidáde como pola beleza da paisaxe, a organización...", comentaba algún dos participantes. 12 quilómetros polo medio das rochas dan conta da dificultade da carreira.

Sesión de entrega de trofeos e algo de música para amenizar a sardiñada e a queimada.

Para o domingo quedaba pendente outra ruta. Esta por mar, a bordo do María Elena do Cruceros Fisterra. Unhas 25 persoas subiron a bordo para disfrutar das vistas do Olimpo Celta dende o mar, e para coñecer de preto os segredos das Illas Lobeiras. Á volta, paso pola Fervenza do Ézaro, e un xantar de despedida moi emotivo na carpa aberta para o Encontro.

Trial Galicia Máxica polo Monte Pindo

Novas relacionadas

Máis novas relacionadas

Máis novas

Fonte

Comentarios