venres. 06.12.2024
El tiempo

A polémica sobre a senda peonil no Pindo

Senda peonil no Pindo
Imaxe da senda peonil polo Pindo-Foto-Quino Pais
A polémica sobre a senda peonil no Pindo

Se a construción dunha senda peonil que una o Monte Pindo coa Fervenza do Ézaro debería ser o “ABC”, como nos sinalaba o alcalde Juan Manuel Saborido “Moma” en 2020, a creación dunha zona de paso polo lugar do Pindo era algo absolutamente necesario para a seguridade cidadá.

E malia que a Xunta leva facendo sendas peonís por numerosos Concellos de Bergantiños (en boa medida de cor popular), o goberno socialista carnotán “dá perdida a batalla”, e acodiu á Deputación e ao Ministerio de Transición Ecolóxica para solicitar unha senda que uniría dous puntos tan simbólicos como estes. “Xa levamos moitos anos co este tema, xa o levamos varias veces e mira que lle metemos filosofía, pero parece que dende o Ministerio de Transición Ecolóxica pero non o dan visto”, lamenta o rexedor carnotán.

Ante esta eterna negativa o Concello acordou con 81.000€ do Plan Único da Deputación intentar solventar a problemática de seguridade, cunha senda moi complicada, que xa recibiu numerosas críticas da veciñanza. Unha senda que non cumpre as normativas de seguridade, que en case ningún punto compre as medidas aconselladas de enrte 1,20 e 1,80 metros, e que ten zonas de menos de 30 cm de ancho.

”É todo o que se podía facer”, sinala Moma. “É unha zona onde todo é granito, e sería unha cousa moi complicada, onde os veciños se foron metendo pouco a pouco na estrada, e hai 7 puntos que invadiron que quedan apenas 20-30 centímetros”, explica. “Non todos os veciños están pola labor de ceder o seu terreo, retranquear o muro… e se te metes en contenciosos poden pasar anos”.
Deste xeito, o ex concelleiro, o finado Rafael Riveiro, decidía formular esta solución pasaxeira: “conducir as augas pluviais para evitar as riadas, e facer esta senda peonil cunha alta porcentaxe de seguridade cunha partida que podíamos empregar nese momento”.

Moma asegura que seguirá a loitar pola obra completa, tanto dende a ponte do Ézaro ata o Sinal, como son sinal á última casa nun voladizo, pero o orzamento tería que vir de Madrid en con bastantes máis cifras.

A ver se alguén toma nota do TFG de Alba Lestón...

 

Comentarios