Sábado. 20.04.2024
El tiempo

Moma, alcalde de Carnota: “Unir o Monte Pindo coa fervenza do Ézaro ten que ser un ABC”

Cando se cumplen 8 meses dende a súa irrupción como alcalde, falamos con Juan Manuel Saborido “Moma”. Falamos con el de varios proxectos importantes para Carnota.
Juan Manuel Saborido Moma-alcalde de Carnota
Juan Manuel Saborido "Moma", no sue despacho como alcalde de Carnota
Moma, alcalde de Carnota: “Unir o Monte Pindo coa fervenza do Ézaro ten que ser un ABC”
  • QPC: Como che cambiou a vida neste medio ano?

Imaxínate… Unha persoa que leva 30 na empresa privada… Si que é certo que levo máis de 25 anos de responsable da agrupación socialista, onde vexo que é o meu lugar pois son un sociademócrata convencido. Eu son son de bandeiras, para min o mundo é de todos. Pero vaia, que si que estiven de concelleiro no 99-2007, e estiven na oposición, pero nas primarias sempre que había un compañeiro que quería ir diante, eu axudáballe. E si, que cambia a cousa porque eu son máis de campo que de oficina, de estar aquí preso.

 
  • QPC: 24 horas, 365 días, ademais…

Si… A min encatábame ir pola tarde coa miña nena, mentras ela ía a actividades eu tomaba unha caña e tiña a miña charla de taberna. Agora non podo facelo, porque metémonos en terreo de traballo. Agora de feito vou a Muros para poder falar de todo, menos de traballo. Antes, a partir das 16:00h nunca falabamos de rodaballlos….
Gústame moito desconectar, e aquí non desconectas nunca… e co whastapp aínda peor… Menos mal que me quitei das redes sociais, que parecía SalvameDeluxe…

 
  • QPC: Como está sendo a relación coa oposición despois da tensa campaña?

Estamos na fase da postguerra. E esa é a peor fase, como na historia española. A guerra xa era a guerra, pero a postguerra era moi inxusta. A xente discriminábase polo que pensaban… é difícil de levar.
Eu creo que a xente quere que goberno e oposición se entendan, e leven o Concello a bo porto. Somos só 3 grupos, e temos que remar na mesma dirección. E deberíamos entendernos mellor, porque sempre o fixemos, como na lexislatura de 2011-2015 onde facilitámoslle o goberno. E xa non falo de 99-2007, onde o goberno BNG-PSOE traballábamos codo a codo, eramos un equipo, nin unha malla de avería en 8 anos. Había unha sintonía total. Agora cambiamos as persoas, pero deberíamos mirarnos adentro. Nun concello coma este, onde ademais eramos 3 novos candidatos, o papel da persoa que encabeza a lista é fundamental, e a xente vaite xulgar pola túa bagaxe na vida real, non pola túa valía política.

Ademais, aquí no concello temos 5 parroquias que son 5 realidades distintas, na cultura, mesmo no acento.

 
  • QPC: Cando estarán listas as obras do Hórreo de Carnota?

Xa debeería estar rematado pero houbo retrasos pola chuvia. A restauración en castaño e tella debería estar para o 15 do mes que vén. O Arzebispado puxo o proxecto, a Xunta paga (teño que resaltar aí a labor de Ovidio Romero, Delegado da Xunta, que moveu o proxecto para que se ) e nós puxemos a licencia e axilizar a cousa co Arzebispado, que estaba absolutamente paralizado.

 

O proxecto do 2006 que une o Pindo co río Xallas, que se puxo no caixón pola crise, porque son 2 millóns de euros porque ten unha boa parte con senda voladiza. Costas díxonos que pode retomarse, pero agora ten que retomalo o novo Ministerio de Transición Ecolóxica, e imos aproveitar Pequeño e mais eu a viaxe a FITUR para falar con ela. Pero é que unir o Monte Pindo coa fervenza do Ézaro ten que ser un ABC.

 
  • QPC: Hai solución á falta de mantemento das pasarelas de madeira do Pindo, Boca do Río ou Lira?

Rafael Eimil díxonos hai dous meses que ía mandar Tragsa para facer unha revisión. Estamos esperando.

 

Pois sabemos que o promotor, Jesús Picallo, segue interesado, e precisamente esta semana, tamén nos reuniremos con Ana Oñol para darlle un empurrón.

 
  • QPC: Que ides facer na Fitur, entón?

A contrarelloxo de La Vuelta será un antes e un despois para Carnota. Esas imaxes indo e volvendo pola praia de Carnota van impactar en 190 países, sendo ademais unha etapa decisoria. Que falta? Que haia un día soleado.
O pasado mes, na presentación oficial en Madrid, cando presentaron o vídeo dos trazados de todas as etapas, con 1.500 persoas sentadas. A única praia que se ve no trazado é a de Carnota, e cando saíu a 3D das vistas da praia, escoitouse un UAUUUUU incrible.

En todo caso, un evento coma este cómese rápido a Carnota e revirte en toda a comarca. Pero ollo, o 50% das vivendas de Carnota son de aluguer, é o concello con maior incidencia de España deste tipo de vivendas, e vai ser un bo impulso.

 
  • QPC: Vaia dato… Pero claro, débese tamén a caída demográfica en Carnota nas últimas décadas é brutal, non?

A cascada en dúas décadas é tremenda. Agora parece que non estamos no peor momento, e temos 110 nenos de 0 a 6 anos, un dato que nos ilusionou moito. Pero ver o pico impresiona.

 Serie demografica de poboacion de Carnota
  • QPC: Que se pode facer nun concello para reverter a crise demográfica?

O que estamos intentando. Revertirlle á promoción económica a través do turismo pola eiva das comunicacións. Que non chegue a Autovía a Cee, e que non teña variante e que a de Santiago caese no Freixo e non en Muros, provocounos un atraso tremendo. E foi por varias causas, sobre todo por falta de peso político.
Pero aquí estamos nun paraíso. E creo que as novas tecnoloxías van traer xente á esta zona.

O Concello ten que poñer en valor o espazo natural de Carnota. Carnota tense que convertir nun escaparate turístico, do coidado da natureza e da vida sostible. E temos que incidir na desestacionalización o turismo, e temos unha boa técnica, María Lago, para facer un traballo continuo apostando polo turismo sostible, consciente ou terapéutico. Só saír pasear na praia é algo terapéutico.

 
  • QPC: A Mostra Mar de Mares, Contos do mar… Carnota estase convertendo nun centro neurálxico do patrimonio inmaterial vencellado ao mar.

O Festival Mar de Mares si, vai seguir adiante. Hai poco reunímonos coa Deputación, e esperamos que sigan apoiando este bo evento. O ano pasado colaboraron con 9.000, o doble que o primeiro ano, e o Concello puxo 4.000. E si, é un evento importante.

Contos do Mar é un proxecto moi xeitoso, onde o valor engadido é a xente real, e o valor turístico son as audioguías. Aí tamén o Concello (somos os de Carnota, Fisterra e Dumbría os promotores, co apoio do GALP) pon unha partida. En breve será a presentación oficial dos 3 concellos conxuntamente.

 
  • QPC: Que hai do proxecto da Reserva dos Miñarzos? é algo do pasado?

Está no lugar no que a Xunta de Galicia quixo facer, no despropósito que quixo facer. O Concello non ten competencias. Se ti non fas vixilancia… É un título nobiliario, como os duques ou condes… cobran como nobles pero non fan nada. Se non apostas a cousa queda nunha feira.
Eu sei que é un custo moi importante ten vixilancia 365 días ao ano, pero a Xunta ten recursos, e podía ter por exemplo, unha lancha de salvamento no porto de Lira… Desaparecer non pode desaparecer.

 

 

Comentarios