Por unha ruta Circular peregrina entre Santiago, Fisterra-Muxía e a ría de Muros e Noia
Chéganos hoxe unha interesante proposta da Asociación Turístico Comarcal Ría Muros Noia. Unha idea que pretende oficializar o Camiño de Santiago pola ría de Muros e Noia, propoñendo ademais ligalo nunha ruta circular co Camiño a Fisterra-Muxía, como demandan, aseguran, moitos veciños e camiñantes.
E aportan razóns que consideran máis que xustificadas:
- ”As referencias históricas permiten solicitar unha variante marítima con chegada de peregrinos ata os portos de Muros, Porto do Son, Freixo ou Noia que seguirían por terra polos concellos de Lousame, Rois, Brión e Ames ata Santiago”.
- ”A demanda actual por parte dos peregrinos aconsellan tamén a inclusión dunha ruta circular desde Fisterra a Santiago pola costa como camiño de volta”.
Deste xeito, convocarán unha reunión nas vindeiras datas con todas aquelas persoas, con intereses culturais, históricos, comerciais, deportivos ou simplemente con inquedanzas neste tema, para formar unha “Asociación de Amigos do Camiño de Santiago pola ría de Muros e Noia”. Esta asociación serviría como motor de impulso para a oficialización e posta en marcha desta variante do camiño inglés a Santiago.
Novas relacionadas
- O CMAT podería estar en marcha en varias semanas.
- A Xunta comprométese a promocionar o Camiño de Fisterra-Muxía no exterior.
- SOLPOR editará unha guía do Camiño de Fisterra-Muxía.
- Nace Solpor, unha Asociación de Profesionais para unir o Camiño de Santiago a Fisterra e Muxía.
- Por un futuro cheo de vida no Camiño dos Faros.
Fonte
- Asociación Turístico Comarcal Ría Muros Noia.