Luns. 07.10.2024
El tiempo

SOLPOR editará unha guía do Camiño de Fisterra-Muxía

SOLPOR editará unha guía do Camiño de Fisterra-Muxía
Xunta directiva da SOLPOR no Insua

A Xunta directiva da Asociación de Empresarios do Camiño de Santiago a Fisterra-Muxía ‘SOLPOR’ acordou na súa última reunión editar unha guía da devandita prolongación xacobea. A publicación recollerá unha ficha e foto de cada establecemento asociado, ademais dun mapa da Ruta e outras informacións prácticas destinadas a peregrinos e viaxeiros.

As empresas que desexen aparecer na mesma deberán estar dadas de alta na entidade antes do vindeiro 31 de Outubro. Os interesados en contactar coa asociación poden facelo por medio do correo  [email protected].

Punto de información en Compostela

Outros dos temas abordados foron a apertura en Santiago de Compostela dun punto informativo da prolongación xacobea. Na procura deste obxectivbo xa se teñen feito varias xestións.
Os directivos de Solpor mantiveron tamén contactos con directivos de Turismo de A Coruña, de cara a establecer un convenio con dito ente, encamiñado á distribución de material informativo da asociación na cidade herculina, e viceversa.

Cita co CMAT

Ademais, o sector está pendente da Asemblea da APTCM do vindeiro luns na que se analizarán, entre outros asuntos, o estado de saúde do CMAT, o chamado a ser o interlocutor único do sector hostaleiro costeiro coa Xunta, creado en decembro pasado pero do que aínda non temos novas.

Novas relacionadas

Máis novas

Fonte

Comentarios