Primi Pedrosa en Bruxelas: “Temos a sensación de que están realizando un aparheid coa pesca artesanal”
- O vicepatrón da confraría de Muros defendeu no Parlamento Europeo a necesidade de diferenciar a pesca artesanal de industrial e o “recoñecemento dos dereitos históricos de aproveitamento do mar para a pesca artesanal”.
- Pediu un sistema de coxestión, a eliminación de cotas e TACs, e máis compromiso das administracións
Este pasado mércores 20 de setembro, a Comisión de Pesca do Parlamento Europeo en Bruxelas falou de pesca artesanal. A combativa eurodeputada do BNG Ana Miranda volveu levar a necesidade de que “Europa recoñeza as confrarías” (é dicir, de diferenciar a pesca artesanal da industrial na Política Pesqueira Común), ademais de trasladar a “especial preocupación” no sector pesqueiro pola instalación da eólica mariña en zonas de pesca.
Pero foi Primitivo Pedrosa, mariñeiro e vicepatrón da confraría de Muros, e membro do BNG carnotán, o que levou a voz da pesca da nosa comarca ao hemiciclo. Pedrosa parou os motores por dous días, con todo o que conleva, e explicou o por que destas eternas peticións.
Primeiro fixo unha descrición da nosa zona pesqueira, entre o Cabo Fisterra e o de Corrubedo, onde traballan 770 embarcacions de 8 confrarías, o que supón uns 1.600 traballadores directos, sendo a fonte de ingresos de 3.000 familias, de 10 concellos que contan cunha poboación de 65.000 habitantes. Aportou unha cifra interesante: o sector da Costa da Morte xenera 30 millóns de euros ao ano.
Todo ademais, “capturados con nulo impacto ambiental”, o que lle serviu de pé para esixir o “Recoñecemento dos dereitos históricos de aproveitamento do mar para a pesca artesanal”.
“É esencial que Europa acepte a diferenciación das políticas de pesca artesanal e industrial”, sinala con rotundidade, tendo en conta que o sector “sentímonos excluídos da Política Pesqueira Comunitaria”, ao ter as mesmas condicións que un arrastreiro de 50 tripulantes. “Estaba sentado con representantes do norte de Europa que ían pedindo motores máis grandes para os seus arrastreiros, que se permita a pesca electromagnética… Non pode ser que se nos aplique a mesma política aos que durante séculos fomos capaces de coller recurso nas nosas mesas mantendo inactas as pesquerías”, destaca.
Nesa liña falou da problemática dos TACs e as Cotas, que inciden na “perda histórica de dereitos de acceso aos recursos pesqueiros”. “Temos a sensación de que están realizando un aparheid contra a pesca artesanal, de que se nos quere separar do noso medio. Por iso é esenciar ter un trato distinto, tanto na normativa como na lexislación”.
E deu tres necesidades principais:
- Un sistema de coxestión para a flota artesanal.
- A flota artesanal non debería estar supeditada ás cotas.
- Recoñecemento dos dereitos históricos de aproveitamento do mar para a pesca artesanal.
- Máis mpromiso das administracións no apoio á pesca artesanal.
Equilibro de mercado
Ás respostas dunha eurodeputada do PNV, saía outro asunto que vai na defensa da pesca artesanal, xa que o que ao ser a pesca artesanal un sistame económico moi atopamizado, non permite que os produtos alimentarios se utilicen como un ben especulativo, como acontece hoxe en día coa cesta da compra pola presión dos grandes lobbys. Pero esta arista xa a tocaremos outro día con máis atención.