Martes. 16.04.2024
El tiempo

O PSOE tamén leva ao Parlamento a petición de indulto de Manuel de Talelo

Esta mesma tarde de sábado, ás 17:00h, a sociedade carnotá concéntrase no Portocubelo de Lira.

Lonxa de Lira
A concentración deste sábado será na Lonxa de Lira
O PSOE tamén leva ao Parlamento a petición de indulto de Manuel de Talelo
O PSOE tamén leva ao Parlamento a petición de indulto de Manuel de Talelo

Esta tarde de sábado 13 de abril a sociedade carnotá concéntrase para amosar o seu apoio e pedir o indulto para Manuel de Talelo. Paralelamente os grupos políticos tamén se mobilizar para elevar a petición o máis alto posible. O BNG xa enviou unha proposición non de lei ao Parlamento Galego, e hoxe tamén o fai o Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia, por iniciativa das súas deputadas Loli Toja Suárez, Patricia Vilán Lorenzo e Patricia Otero Rodríguez e dos seu deputado José Manuel Díaz Villoslada, os que fan unha nova proposición non de Lei.

Así informa o candidato carnotán, José Manuel Saborido “Moma”, que lembra que xa se teñen recollidos 2.000 sinaturas de apoio, que lembra que o expresidente dos percebeiros de Lira se enfronta a 3 anos de prisión, agora, tras 6 duros anos de litixio, denunciado por un home, que operaba como furtivo na Reserva Mariña dos Miñarzos, aproveitando que esta era unicamente vixiada polos profesionais da zona.

Moma sinala que a situación da falta de vixilancia na reserva provocou unha situación complicada, que durou varios días, e que rematou finalmente coa agresión do condenado, quen sentíndose ameazado lanzoulle a raspeta ao furtivo provocándolle feridas”.

A defensa xurídica do procesado ten solicitado a posibilidade dunha concesión discrecional de indulto total ou subsidiariamente parcial á pena que lle foi imposta, tras a ratificación por parte do Tribunal Supremo da sentenza da Audiencia Provincial da Coruña. Xa que concorren razóns humanitarias, de rehabilitación ou de equidade, con suficiente entidade para que o Estado poida renunciar ao exercicio do poder punitivo.

Así, o PSOE tamén insta á Xunta a que realice as accións pertinentes ante o Goberno do Estado para poder lograr o indulto para Manuel Antonio Martínez Lustres.

Novas relacionadas

Comentarios