Venres. 18.10.2019
El tiempo

Quilmas abre Novos Horizontes con sementes autóctonas

Quilmas abre Novos Horizontes con sementes autóctonas

A semana pasada asistíamos á sinatura entre o GDR Costa da Morte e a Cooperativa de Agricultura Ecolóxicva Raínha Lupa de Quilmas, no marco do proxecto de cooperación “Nuevos Horizontes”. E hoxe damos conta da entrega de 180 quilos de trigo da entidade supramunicipal para que a cooperativa recupere o trigo máis tradicional da nosa zona nas terras carnotás.

Ademais, a entidade supramunicipal tamén fixo unha visita aos terreos nos que se sementaron as variedades que o GDR entregou á cooperativa coa sinatura do acordo de colaboración.

As variedades cedidas nun primeiro momento foron: pemento de Vilanova, pemento G. 10-117, cebola de Betanzos, tomate avoa Osedo e tomate da variedade Ourense.

Rainha Lupa atendendo ás condicións deste proxecto de colaboración debe conservar entre un 1% e un 5% das plantas (no caso de que haxa producción), co obxectivo de que espiguen para obter sementes, que entregarán ao GDR para envialas de novo ao Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo (Abegondo – A Coruña).

Cómpre lembrar que o proxecto Nuevos Horizontes, pretende atallar problemas como o abandono de terras, a desaparición de pequenas e medianas explotacións agrícolas e a caída dos prezos dos productos agrarios, por iso téntase buscar cultivos alternativos e complementarios que poidan incrementar as rentas agrarias a través da diversificación.

Máis información

Novas relacionadas

Comentarios