O GDR Costa da Morte e a Cooperativa Rainha Lupa amplían Horizontes


Alegrámonos encarecidamente do novo convenio asinado polo GDR Costa da Morte e a brava Cooperativa de Agricultura Ecolóxica Rainha Lupa de Quilmas. No día de onte, o presidente do GDR, Manuel Muíño Espasandín e o presidente da Cooperativa Xosé Manuel Casais asinaron onte un acordo de colaboración enmarcado dentro do proxecto de cooperación “Nuevos Horizontes”. Un proxecto que xa foi presentado en Carnota a nivel oficial, e agora métese de cheo na fantástica iniciativa que levantaron en Quilmas para loitar contra a invasión do rodaballo.
Este proxecto de Novos Horizontes, no que o GDR participa como socio, pretende impulsar iniciativas de emprego a través da posta en valor de terras agrarias, mediante a recuperación do patrimonio xenético vexetal e o fomento de novas producións demandadas polos mercados. Deste xeito, o GDR cederá diferentes tipo de sementes á cooperativa para a súa colleita.
As variedades cedidas son: pemento oimbra (5 gramos), pemento vilanova (2,9 gramos), pementos G. 10-117 (1,5 gramos), cebola de Betanzos (100 gramos), tomate avoa Osedo (2,5 gramos) e tomate da variedade Ourense (2,5 gramos). Rainha Lupa atendendo ás condicións deste proxecto de colaboración debe conservar entre un 1% e un 5% das plantas (no caso de que haxa producción), co obxectivo de que espiguen para obter sementes, que entregarán ao GDR para envialas de novo ao Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo (Abegondo - A Coruña).
Ao longo do desenvolvemento do proxecto, levaranse a cabo varias visitas polo persoal técnico a cargo do proxecto para comprobar o desenvolvemento do mesmo. O GDR encargarase da coordinación das mesmas así coma da difusión dos cultivos desenvoltos polos productores a través da catas, xornadas gastronómicas, publicacións, visitas ao campo ou eventos de promoción agroalimentaria.
A asociación Costa da Morte GDR tamén fixo entrega á cooperativa da Guía Técnica de Cultivos hortícolas, que aportará aos productores os coñecementos técnicos precisos para o desenvolvemento da producción.
Un dos problemas que se pretende atallar é o abandono de terras, a desaparición de pequenas e medianas explotacións agrícolas e a caída dos prezos dos productos agrarios, por iso téntase buscar cultivos alternativos e complementarios que poidan incrementar as rentas agrarias a través da diversificación.
Máis información
Novas relacionadas
- A Raínha Lupa revive cun Mercado Ecolóxico en Quilmas.
- Carnota tamén quere ampliar os seus horizontes no seu agro.
- Xornadas de Difusión de Proxectos Leader: A Costa da Morte quere innovar.
- A Pataca Fina de Carballo vaise cocendo a lume lento.
- Nota de prensa do GDR Costa da Morte.